TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

miércoles, 29 de enero de 2014

CODESIDO - MATELA

Os visitantes necesitaron de 48 minutos para  anotalo primeiro gol da tarde no dificil campo de Codesido, pese a dispoñer de varias ocasións bastante claras na primeira metade.
Adrián  ós dous minutos de xogo xa avisa con un lanzamento raso que lle sae rozando o pau esquerdo da portería local; disporía doutras ocasións pero non consigue marcar ata o minuto 73 de partido.
Foi Sarceda quen abriu a tanda goleadora dos visitantes no minuto 54, de falta directa ó borde da área, García dispuxo dunha ocasión clarisima no minuto 57 pero saíulle rozando o pao. Hugo marcou por partida dobre no 66 e no 71 e remataría Rubén Vázquez no 85 marcando de penalti.
Colexiado: José Manuel Alvariño Cruña
O vindeiro sábado (día 1) as 16:15 h. enfrentámonos en San Lourenzo ó Abadín, 2º clasificado.












Fotos: Tareixa Rguez.

lunes, 20 de enero de 2014

MATELA - ROUPAR

Despois da derrota da semana pasada na casa frente o Parga, este sábado enfrentámonos ó Roupar tamén na casa.
A tarde non puido empezar mellor, os locais sairon moi motivados ó terreo de xogo e xa os 3 minutos García tivo a primeira ocasión de gol. Goles que materializa mais tarde nos minutos 7 e 44, a maiores tamén marcaron Hugo no 19, Manuel no 23 a Marcos no 29.
A primeira metade foi un monologo do Matela, i eso que estragaron varias ocasións e o porteiro visitante detería un penalti. Na segunda metade  e pese a non dispoñer de cambios o Roupar plantoulle cara os locais logo despois de marcar o seu tanto  (penalti) tan só 8 minutos despois do comezo. Non se movería o marcador ata o 89 cando Javi Rielo marca o sexto e definitivo a pase de Adrián e que ven precedido dun gran control de Alberto.
Colexiado:  Jesús Adán Gallego












Fotos: Tareixa Rguez.


jueves, 26 de diciembre de 2013

OUROL - MATELA

Partido celebrado na fría tarde do sábado, o último partido deste ano no que o resultado foi de empate a tres.
Comezaba ben a tarde pois xa no minuto 8 Javi Rielo abría o marcador logo de cabecear un balón de saque de córner, pero a alegría duraba pouco e no dezaoito igualaba o marcador de penalti Ivan Rguez.
Ós visitantes non lles saían as cousas e os locais dominaban o encontró, consiguen así poñerse por diante no marcador outra vez por medio de Iván no minuto 33. Con este resultado marchavamos o descanso.
Na reanudación e nada mais comezar Yago dispón dunha boa ocasión pero o balón sigue sin querer entrar. Pola contra quen si marca e o Ourol por medio de Iván (hat trick) que é o encargado de lanzar un novo penalti.
O resultado ponse feo (tres a un para os locais) pero o Matela non baixa os brazos e sigue tendo ocasións, tan só se levan xogado cinco minutos e Beni consigue o tres a dous con un gol olímpico.
O marcador non se movería ata o 75 no que Hugo pon o tres a tres definitivo.
Os visitantes na segunda metade dispuxeron de moitas ocasións clarísimas e dominaron o encontro mais a sorte non os acompañou de cara ó gol.
Colexiado: Abraham Vázquez Alemparte.
 
Como ata o ano non se volve a xogar, aproveitamos para dende aquí desexar un Bo Nadal para todos e que o vindeiro ano nos traiga moitas vitorias!!!!!!
 
 











 
Fotos: Tareixa Rguez.
 
 
 

martes, 17 de diciembre de 2013

FOLGUEIRO - MATELA

Partido dirixido polo colexiado Alejandro Ruíz Fra, celebrado na tarde do sábado no campo Boa Vista de Vicedo. Os locais fixéronse coa vitoria (2-1).










 
Fotos: Tareixa Rguez.

martes, 3 de diciembre de 2013

MATELA - CELTA BARREIROS

A falta de dúas xornadas para rematala primeira volta recibimos na casa  ó Celta Barreiros, que tan só contaba con 12 xogadores igual que os locais.
O Matela comeza o partido demasiado frío e non é quen de facerse co xogo, deste xeito no minuto 27 encaixa o 0 a 1 obra de Diego Vázquez. Ata moi pretiño dos 45 todo sigue igual, os visitantes tentan defender o seu gol e os locais buscan a igualada, que consiguen no 44 por medio  de Javi Rielo que cabecea un saque de banda de Pedro.
O descanso séntalle ben ós locais que saen mais centrados no xogo, fanse coa posesión do balón e no minuto 53 Manu Barreiro consigue a remontada logo de rematar entre os tres paos un rechace na área, precedido dun saque de banda. O tres a un definitivo consigueo Beni de falta.
Esta fin de semana non hai competición, o próximo partido será contra o Folgueiro o sábado 14 e logo chegan as vacacións de nadal; haber si vamos vaciando a enfermería!!!!
Colexiado: Rubén Folgueira Rios
 











 
Fotos: Tareixa Rguez.