Estas fotos correspóndense ó partido arriba mencionado, e permitídeme que non faga narración do partido. Dende fai case un mes non me atopo en condicións, igual antes tampouco o facía axeitadamente, pero penso que sempre o fixen dende o cariño, a imparcialidade e sempre intentei contar todo o que transcurrira en cada partido.
Hoxe somentes quero dar as GRACIAS a todo o EQUIPO, a todos os seguidores deste blog, a toda a nosa afección que sen ruidos nos sigue polos campos, GRACIAS os que estiveron neses momentos, ós que siguen estando, e porqué non. ós que deberían de estar pero non están.
TEMPORADA 2017-2018
Mostrando entradas con la etiqueta Temporada 2015/2016. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Temporada 2015/2016. Mostrar todas las entradas
sábado, 5 de marzo de 2016
viernes, 19 de febrero de 2016
MEIRA - MATELA
Partido complicado o do pasado fin de semana, tanto polo rival (un gran equipo), poucos xogadores (doce) e malas condicións metereolóxicas (isto é o malo do inverno).
O Matela acadou un empate a dous no campo da Lomba en Meira, marcou na primeira e na derradeira xogada do partido. O primeiro gol marcouno Hugo logo dunha boa xogada de Eloi pola banda e o segundo e obra de Iago. O Matela dominou na primeira parte e estrelou un balón no pau. O empate a uns dos locais faino Fernando logo dun erro na defensa visitante e do porteiro que se atopaba adiantado.
Na segunda metade igualaronse as forzas, os visitantes non teñen mais que un cambio e os locais dispoñen dos cinco suplentes, pese a todo os visitantes mandaron dous balóns ó pau e os locais tamén tiveron dúas boas ocasións que atallou Pablo.
O dous a un do Meira é de Alberte que marcou de cabeza.
Colexiado: Alejandro Vázquez Méndez
Fotos: Tareixa Rguez.
jueves, 28 de enero de 2016
MATELA - SAN ROMAN
Este pasado domingo nunha calurosa tarde o Matela enfrontouse o San Román no campo de S. Lourenzo.
Pese a contar con tan só once xogadores o conxunto impúxose con moita claridade ós visitantes que se presentaron tamén con solo 12 xogadores.
Os de S. Román puideron inagurar o marcador na primeira xogada do encontro nunha acción de Miki que detivo Pablo sen problema. Con escasos minutos de diferenza foi o Matela quen marcou, Pardiño, a pase de Bruno, abre o marcador. Eloy tamén dispuxo dunha ocasión clarísima pero o seu disparo bateu no pau.
O segundo tanto chegou pasada xa a media hora de xogo, desta volta o gol é de Capi, de cabeza.
A escasos minutos para o descanso, García marcou o terceiro, para marchar ó descanso con mais seguridade. Os visitantes xogaban en inferioridade e acusaban o cansazo.
A segunda metade transcorre con un claro dominio dos locais, rondando a media hora da segunda parte, de novo Capi sentencia co cuarto tanto.
Colexiado: José Manuel Alvariño Cruña.
Fotos: Tareixa Rguez.
martes, 26 de enero de 2016
CELEIRO - MATELA
Esta entrada correspondese co partido xogado o sábado 16 no municipal de Viveiro.
A primeira metade comezou bastante ben, ós 8 minutos de xogo Hugo abriu o marcador para os visitantes nunha xogada onde recolleu un rechace, conduciu e tirou a portería con un disparo pegadiño ó pau onde non puido chegar o porteiro.
Xusto cinco minutos antes do descanso o Matela conseguiría o segundo tanto por medio de Bruno, que transformaría, logo de que Sarceda peitease un saque de banda de Pedro. Pese a todo os locais non baixaron os brazos e ós tres minutos puxeron o un a dos no marcador,obra de Ramil. Con este resultado chegouse ó descanso.
Na segunda metade o Celeiro tentou igualar o partido, mais nunha xogada de contragolpe García marcaría o terceiro e definitivo.
Colexiado: Gabriel Polo Fraga
Fotos: Tareixa Rguez
Suscribirse a:
Entradas (Atom)