TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

viernes, 19 de febrero de 2016

MEIRA - MATELA


Partido complicado o do pasado fin de semana, tanto polo rival (un gran equipo), poucos xogadores (doce) e  malas condicións metereolóxicas (isto é o malo do inverno).
O Matela acadou un empate  a dous no campo da Lomba en Meira, marcou na primeira e na derradeira xogada do partido. O primeiro gol marcouno Hugo logo dunha boa xogada de Eloi pola banda e o segundo e obra de Iago. O Matela dominou na primeira parte e estrelou un balón no pau. O empate a uns dos locais faino Fernando logo dun erro na defensa visitante e do porteiro que se atopaba adiantado.
Na segunda metade igualaronse as forzas, os visitantes non teñen mais que un cambio e os locais dispoñen dos cinco suplentes, pese a todo  os visitantes mandaron dous balóns ó pau e os locais tamén tiveron dúas boas ocasións que atallou Pablo.
O dous a un do Meira é de Alberte que marcou de cabeza.
Colexiado: Alejandro Vázquez Méndez



















Fotos: Tareixa Rguez.