TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

jueves, 26 de diciembre de 2013

OUROL - MATELA

Partido celebrado na fría tarde do sábado, o último partido deste ano no que o resultado foi de empate a tres.
Comezaba ben a tarde pois xa no minuto 8 Javi Rielo abría o marcador logo de cabecear un balón de saque de córner, pero a alegría duraba pouco e no dezaoito igualaba o marcador de penalti Ivan Rguez.
Ós visitantes non lles saían as cousas e os locais dominaban o encontró, consiguen así poñerse por diante no marcador outra vez por medio de Iván no minuto 33. Con este resultado marchavamos o descanso.
Na reanudación e nada mais comezar Yago dispón dunha boa ocasión pero o balón sigue sin querer entrar. Pola contra quen si marca e o Ourol por medio de Iván (hat trick) que é o encargado de lanzar un novo penalti.
O resultado ponse feo (tres a un para os locais) pero o Matela non baixa os brazos e sigue tendo ocasións, tan só se levan xogado cinco minutos e Beni consigue o tres a dous con un gol olímpico.
O marcador non se movería ata o 75 no que Hugo pon o tres a tres definitivo.
Os visitantes na segunda metade dispuxeron de moitas ocasións clarísimas e dominaron o encontro mais a sorte non os acompañou de cara ó gol.
Colexiado: Abraham Vázquez Alemparte.
 
Como ata o ano non se volve a xogar, aproveitamos para dende aquí desexar un Bo Nadal para todos e que o vindeiro ano nos traiga moitas vitorias!!!!!!
 
 











 
Fotos: Tareixa Rguez.
 
 
 

martes, 17 de diciembre de 2013

FOLGUEIRO - MATELA

Partido dirixido polo colexiado Alejandro Ruíz Fra, celebrado na tarde do sábado no campo Boa Vista de Vicedo. Os locais fixéronse coa vitoria (2-1).










 
Fotos: Tareixa Rguez.

martes, 3 de diciembre de 2013

MATELA - CELTA BARREIROS

A falta de dúas xornadas para rematala primeira volta recibimos na casa  ó Celta Barreiros, que tan só contaba con 12 xogadores igual que os locais.
O Matela comeza o partido demasiado frío e non é quen de facerse co xogo, deste xeito no minuto 27 encaixa o 0 a 1 obra de Diego Vázquez. Ata moi pretiño dos 45 todo sigue igual, os visitantes tentan defender o seu gol e os locais buscan a igualada, que consiguen no 44 por medio  de Javi Rielo que cabecea un saque de banda de Pedro.
O descanso séntalle ben ós locais que saen mais centrados no xogo, fanse coa posesión do balón e no minuto 53 Manu Barreiro consigue a remontada logo de rematar entre os tres paos un rechace na área, precedido dun saque de banda. O tres a un definitivo consigueo Beni de falta.
Esta fin de semana non hai competición, o próximo partido será contra o Folgueiro o sábado 14 e logo chegan as vacacións de nadal; haber si vamos vaciando a enfermería!!!!
Colexiado: Rubén Folgueira Rios
 











 
Fotos: Tareixa Rguez.