TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

miércoles, 31 de diciembre de 2014

MATELA - ROUPAR


Foi o primeiro partido da volta e o último do ano, enfrontámonos en S.Lourenzo ó Roupar.
Rematámolo ano cunha vitoria que nos colocou terceiros na clasificación, os 10 minutos de xogo abriu o marcador David Alzola de volea a pase de Manu Fdez. Case o remate da primeira parte o Roupar puido igualar o marcador pero Pablo despexa a córner, foi esta unha das poucas ocasións na que os visitantes se achegaron a porteía local. No 45' Marcos Tojo poñería o dous a cero logo de peinar un balón de saque de falta que fai Sarceda, un gol psicolóxico que lle chaman.
Xa na segunda metade de novo Marcos Tojo marcaría o tres a cero definitivo rematando un balón morto diante da portería, precedido dun rechace do porteiro a disparo de Alberto.
Colexiado: David Pereira Ferreiro.

Aproveitar estas datas para desexarlles a todolos que formamos parte deste club, ó resto de equipos, a todolos cooperantes, seguidores e simpatizantes, ós que len este blog un moi bo 2015.
Para o Matela en especial un ano cargadiño de goles, a favor por suposto!!!!
  













Fotos: Tareixa Rguez.

miércoles, 17 de diciembre de 2014

CERVO - MATELA



Pareceume moi acertada a crónica que apareceu o luns no progreso por eso que non me vou extender, soamente engadir que a primeira metade rematou a ceros, e tanto os locais como os visitantes dispuxeron de ocasións, cuarenta e cinco minutos moi igualados. Pasado o cuarto de hora de xogo da segunda metade o señor colexiado D. Alejandro Ruíz Fra non pitou un penalti  por man clarísima dentro da área do Cervo pero si amonestou ó xogador con cartón amarelo por: "xogar o balón coa man, intentando cortar unha xogada  do equipo contrario"   incongruencias!!!   O primeiro gol foi obra de José no minuto 73 e o segundo chegou dez minutos mais tarde por medio de Yelson logo de que o Matela adiantase liñas e se votase polo partido. A falta de acerto dos nosos dianteiros  e o acerto do guardameta local evitaron que se movese o marcador. 
O campo estaba nunhas condicións lamentables como se pode apreciar nas imaxes.















Fotos: Tareixa Rguez.

martes, 9 de diciembre de 2014

MATELA - MOMAN


Este partido celebróuse o sábado 29 de novembro en S. Lourenzo de Aguiar nunha fría tarde e ante escaso público. Dirixiu o encontro Jesús Adán Gallego.
O Matela comezou con unha clara ocasión de David logo dun rechace do porteiro os cinco minutos de xogo e dous mais tarde inagura o marcador Sarceda tras un córner sacado por Alberto. 
Preto do minuto 15 de novo David dispón doutra boa ocasión, neste caso de cabeza, pero o remate saelle fora. A partires do minuto vinte é o Momán quen ten as mellores ocasións mais ningunha delas remataría entre os tres paus.
Logo do paso por vestirarios segue a ser o Momán quen domina o xogo e o que ten claras ocasións; o Matela case non dispararía á portería nestes primeiros vinte minutos.
Consigue o Momán o empate no minuto 23 tras un saque de córner logo dun gran barullo na área.

A noitiña logo do partido disfrutamos dunha cea de equipo.















Fotos: Tareixa Rguez.

viernes, 28 de noviembre de 2014

PARGA - MATELA


Por dous goles a cero gañounos este pasado domingo o Parga, campo dificil e xogo moi duro o que se viu no Noreña Basanta.
A primeira metade trancurriu sin goles e con alternativas para os dous bandos, destacando un clarísimo penalti cometido polos locales e non sinalado polo colexiado a media hora de xogo.
Os restantes cuarenta e cinco minutos veñen marcados por un penalti que nos señalan no minuto dez de xogo e que transforma o Parga por medio de Fco. Pereira. 
Os visitantes que dende o minuto 62 xogaron en inferioridade numérica non se atopaban cómodos no campo e debido a un erro da defensa encaixan o segundo e difinitivo.
Colexiado: David Liz Sierra (Protestado e insultado polo público)










Fotos: Tareixa Rguez.

martes, 18 de noviembre de 2014

MATELA - CELEIRO

Este domingo visitounos o Celeiro, equipo que se estreou esta tempada na categoría.
O conxunto da costa entrou  moi motivado ó terreo de xogo e nada mais comezalo partido, concretamente ós 3 minutos xa dispuxeran da primeira ocasión de gol.
Os seguintes 15 minutos foron de dominio local chegando o gol no minuto vinte  por medio de Marcos Tojo que só tivo que empurrar un balón solto logo dun mal despexe do porteiro e da defensa visitante.
Non por isto o Celeiro baixou os brazos, seguiu trenzando xogadas e chegando á portería contraria pero sin remate de cara ó gol. Tralo descanso e xa pasada a media hora de xogo consiguen empatalo partido por medio de Felipe, tamén nunha  xogada un tanto enbarullada.

A falta dun minuto para o remate os locais logran o gol que lles deu os tres puntos por medio de Pedro logo dun saque de falta. Gol protestado polos visitantes por posible fora de xogo.
Colexiado: Johan Sebastián Cediel












Fotos: Tareixa Rguez.