TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

miércoles, 29 de octubre de 2014

FOLGUEIRO - MATELA

Desprazamento á costa no mesmo dia do Madrid - Barça e de volta cunha goleada.
O Matela aguantou 44 minutos sen encaixar e no derradeiro suspiro antes do pitido que marcaría o remate da primeira metade encaixou o chamado gol psicolóxico.
A primeira metade foi un toma e daca: calquera dos dous equipos puido marcar. Os primeiros dez minutos foron dos locales logo estabilizou un pouco o xogo, do 15' ó 30 dominaron os visitantes e cara ó remate a cousa estivo moi repartida.
Na segunda metade os visitantes tiveron mala sorte e marcan o dous a cero en propia porta, catro minutos mais tarde subirían ó marcador o 2 a 1 de falta directa por medio de Hugo. 
Aínda quedaban 25 minutos de xogo e o Matela bótase a por o partido. Ó debilitar a defensa o ataque vólvese mais efectivo, deste xeito o Folgueiro marcaría outros dous goles mais que deixaron o marcador no 5 -1 definitivo.  
Colexiado: Jesús Martín Florez.















Fotos: Tareixa Rguez.

jueves, 23 de octubre de 2014

MATELA - SAN ROMAN

Un a cero, este foi o resultado do encontro disputado este pasado domingo en S. Lourenzo de Aguiar.
Os locais tiveron a sorte de cara e leváronse o triunfo sin merecelo.
O San Román na primeira metade dispuxo de 3 ocasións clarísimas de gol pero fallou na súa definición e ningunha delas subiu ó marcador. Cando tan só faltaban  seis minutos para o descanso anota en propia meta o único tanto do partido e o que lle daría a vitoria ó Matela. 
Na segunda metade os locais espabilaron un pouco pero sin chegar e meterse de cheo no partido, o S. Román dispuxo de novo de ocasións tanto para igualalo partido como para gañalo.
Colexiado: David Rodríguez Pérez













Fotos: Tareixa Rguez.

jueves, 16 de octubre de 2014

FERROVIARIA - MATELA

Último dia de S. Froilán, campo artificial, equipo novo na competición, e o Matela con baixas;  unha chea de cousas que a priori complicaban a xornada.
Nembargantes o Matela saíu moi confiado ó terreo de xogo e xa nos primeiros minutos dispuxo de ocasións para marcar. Tivo a primeira Marcos T. cabeceando un saque de córner que sae rozando a portería. Mais tarde e xa pasada a media hora sería o Ferroviaria quen disporía dunha boa ocasión pero Pablo encargóuse de estragala.
Rematan os primeiros 45 minutos e o marcador reflexa o cero a cero do comezo, pero con varias ocasións para ambos lados. Tralo paso por vestiarios e os 3 minutos da reanudación os locais marcan por medio de Faustino.
Tan só 10 minutos mais tarde Sarceda de penalti pon o empate no marcador (penalti moi discutido polos locais) así como o segundo gol que marca Hugo no 68'. Sarceda de novo, no 71', sube ó marcador o 1 a 3 definitivo, cun moi bo lanzamento de falta.
Dende aquí desexarlle ós nosos lesionados moito ánimo e unha pronta recuperación, sobre todo a Manuel Barreiro que onte mercores foi operado de menisco nun xionllo.
Colexiado: Juán Fernando Salgado Paz
















Fotos: Tareixa Rguez.

jueves, 9 de octubre de 2014

MATELA - CELTA BARREIROS

O pasado domingo (día de S. Froilán) xogamos a 4ª xornada, visitounos o Celta Barreiros.
O Matela pese as baixas sae o campo moi centrado e con gañas de acadalos tres puntos, non tardou mais que dous minutos en marcalo primeiro tanto, é Pardiño quen remata un saque de banda. A media hora de xogo Pedro remata cun disparo potentisimo un saque de corner. No que resta da primeira parte os locais dispoñen doutras duas ocasións clarisimas pero ningunha sube ó marcador, os visitantes tamén tiveron unha boa ocasión. Con este resultado marchan o vestiario e alí deixaron o concentración e o bon facer dos primeiros cuarenta e cinco minutos. Por mor de dous erros o Celta Barreiros empata o partido con tantos de Miguel Angel nos minutos 50 e 85. Os locais xogaron en inferioridade dende o minuto 75 trala expulsión do capitán Pedro, e tentaron gañalo partido, cousa que non conseguiron.











Fotos; Tareixa Rguez.