TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

martes, 29 de noviembre de 2016

MATELA - GOIRIZ


Segunda derrota do Matela, que perde o liderato ó caer na casa ante o Goiríz na penúltima xornada da ida e na que tan só contaba con 12 xogadores.
O único gol do partido foi obra de Raúl no minuto 73 que batiu a Pablo cun tiro a media altura tras desfacerse dun defensa.
O porteiro visitante foi decisivo ó deter dous tiros de Cristian e Maikel nos últimos minutos que podían ter significado a remontada local.
Tras esta derrota o Matela cede posición na táboa ó ser superado polo Goiríz e o Roupar  ao cal se ten que enfrentar o vindeiro 11 de nadal mentras que o Goiriz descansará esa xornada.
Colexiado: Josué Villabrille Forja












 
Fotos: Tareixa Rguez.

miércoles, 23 de noviembre de 2016

CERVO - MATELA

Partido correspondente a oitava xornada.
O Cervo na primeira metade fixo un fútbol moi espeso que se estrelou contra un Matela ben asentado no medio do campo, que roubaba e saía a contra.
Na primeira metade fixolle tres goles ó Cervo deste xeito. O primeiro marcouno Rubén a saque de falta de Rico o segundo foi obra de Marcos Tojo a pase de Maikel; que o borde do descanso marcaría, el mismo, o terceiro. Tamén nesta primeira metade Pablo detivo un penalti.
Na segunda metade tentaría o Cervo de reaccionar pero seguíu caendo na tea de araña que tan ben deseñou o entrenador do Matela. Os vinte minutos Pardiño marcaría o cuarto e pouco mais tarde Maikel faría o quinto e derradeiro para os visitantes.
No ochenta Rebolo marcou un golazo para o seu equipo.
Colexiado: Jorge Michelena Grandío














Fotos: Tareixa Rguez.

viernes, 11 de noviembre de 2016

MATELA - OUROL

O pasado sábado disputouse a xornada sete da liga e tratábase do partido mais chamativo do fin semana pois  enfrontáronse o primeiro e o segundo clasificado naqueles momentos. Mais abaixo nas fotos pódese ver o numeroso público (os visitantes con moitas gañas de berrar) que se achegou a S. Lourenzo de Aguiar pese a non dispoñer de unhas instalacións adecuadas, Tanto eles coma nós aínda non encaixáramos ningunha derrota e tralos noventa minutos de xogo o resultado foi de dous a cinco, a clasificación mudaba de líder. O Ourol púxose primeiro e semella selo galiño da competición. 
O Matela a por todas ó terreo de xogo e nada mais empezar xa tivo a primeira ocasión de gol; García estrela un disparo cruzado no pau e logo Marcos Tojo no longueiro. Os dez minutos de xogo Pardiño estraga unha nova ocasión mandando o balón moi por enriba da portería. Xa roldaba a media hora de xogo cando nun erro dos visitantes case meten en propia se non fose pola gran estirada do porteiro José Luís que consegue sacalo balón a córner. Semellaba que os locais non tiñan fina a puntería. Os visitantes dispoñen da primeira ocasión de gol a media hora de xogo mais tampouco non materializan pois Pablo despexa a córner. Faltando un minuto para o remate da primeira metade o Ourol marca por medio de Francisco.
A segunda metade foi un pouco tola, o porteiro José Luís e os postes apocaron ós locais que seguían sen sorte de cara ó gol mentres que os visitantes chegaron tres veces e marcaron catro goles, un de penalti e outro é o Matela quen marca na súa propia meta. Un bo partido pese o resultado.
Colexiado: Adrián Fernández Teijido     














Fotos: Tareixa Rguez.

viernes, 21 de octubre de 2016

MATELA - EUROPIZARRAS FONSAGRADA, F.C.

Os titulares do Matela foron: Pablo, Alberto, Pedro, Veiga, Pardiño, Michael, Manuel, Christian, Méjico, Rico e Marcos Tojo, tamén xogou Luke, Rubén, Pipa, Camiño e Bruno.
Polo Europizarras Fonsagrada os titulares foron: Ismael, Enrique, Javier, Alejandro, Lucas, Mario, Miguel, David, Osvaldo, Victor e Javier Feijo; como suplentes: Jesús, Santiago, Silban, Donino e Manuel.
Arbitrou o partido D. Jorge Carballido Vega.

Unha nova vitoria do Matela, (e van cinco consecutivas) desta volta na casa e fronte o Europizarras Fonsagrada e pola mínima (1-0)
Os locais dominaron o encontro e xa nos primeiros compases do partido dispuxeran de dúas ocasións de gol que tanto Pedro como Manuel non remataron acertadamente.
O gol chega cando pasaban tres minutos da media hora de xogo e foi Maikel quen de falta dende a frontal da área bate o porteiro visitante.
A segunda metade resulta un pouco mais monótona e apenas se producen ocasións claras, a única por parte dos locais é un centro de Maikel que Marcos Tojo non chega a rematar e por parte visitante unha xogada de Javier Feijo que Pablo atalla sen problema.













Fotos: Tareixa Rguez.

jueves, 13 de octubre de 2016

CELTA BARREIROS - MATELA

CELTA BARREIROS:
Titulares: Juán, Alejandro, Gabriel, Alejandro Fdez., Gutierres, Mohamed, Julián, Aitor, Roberto, Gonzalo e Iago
Suplentes: Alejandro Calonge, Elias e Javier

A.D. MATELA:
Titulares: Pablo, Alberto, Pedro, Veiga, Michael, García, Christián, Yago, Bruno, Rico e Tojo.
Suplentes: Camiño, Méjico e Pipa

COLEXIADO: Adrián Álvarez Ignacio


O Matela púxose líder da clasificación logo de acadar unha nova vitoria no campo do Celta Barreiros.
Os visitantes saíron moi motivados ó terreo de xogo e xa nos primeiros 15 minutos dispuxeron de varias ocasións, mais non abrirían o marcador ata a media hora de xogo. O primeiro (ós 30') e o segundo (a os 40') marcounos Michael, en dúas xogadas moi semellantes pola banda. 
Con este resultado marcharon ó descanso.
Na reanudación e tan só dous minutos despois do inicio Marcos Tojo pon o cero a tres no marcador ó rematar de cabeza un saque de banda.

Os locais tanto nos primeiros cuarenta e cinco como nos 15 da segunda apenas inquedaron a portería defendida por Pablo, marcaron o seu único gol por medio de Elías nun saque de falta que Christián non acerta a despexar ben e colócalla diante dos seus pés para rematar. A partires de aquí os locais viñéronse arriba e tiveron 2 ocasións claras para marcar mais non acertaron na definición.


















Fotos: Tareixa Rguez.