TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

martes, 27 de enero de 2015

CELTA BARREIROS - MATELA

Desprazámonos ata Barreiros para disputar a 17  xornada de liga na tarde do sábado e acadamos unha vitoria,  moi importante por certo,  para non descolgarnos dos primeiros postos da clasificación.
Nos primeiros 15 minutos de xogo nin locais nin visitantes semellaban querer gañar, o Celta non chegaba con perigo e o Matela non crearía ocasións, a primeira chegou os 18 minutos, M. Tojo mandaría o seu disparo dende a frontal da área por encima do largueiro; no 21' o porteiro local lócese sacando tamén por encima do largueiro un córner sacado por Pichin e mais tarde no 43 volvería a facelo, pero nesta ocasión, desviou a córner unha falta que executaba Pedro.
Remataría a primeira metade con empate a cero, sin un claro dominador, con ocasións para o Matela pero xogando mal.
Nada mais comezala segunda parte os visitantes volven a avisar por medio de Sarceda, de novo o porteiro fai unha boa intervención.
No minuto sete os locais quedan con 10 xogadores logo da expulsión por dobre cartón amarelo de David Pérez e un mais tarde Sarceda de penalti abriría o marcador.  
O cero a dous é obra de Hugo que recolle un balón rechazado e cun fortísimo disparo  a uns 20 m. sorprende ó porteiro. A media hora de xogo é  D. Alzola quen de cabeza marca o terceiro e xa rondando os 45 Marcos Barro anotaría o cuarto e definitivo logo dunha boa xogada pola banda entre Sarceda e Hugo e o propio anotador.
Colexiado: Yago Amil Castro

















Fotos: Tareixa Rguez.

martes, 20 de enero de 2015

MATELA - OUROL

Na fría tarde do sábado xogamos a 16 xornada de liga, na casa fronte o Ourol.
O resultado foi de catro a dous e puido ser mais abultado se ámbolos dous equipos non errasen varias das ocasións creadas.
Tanto o Matela como o Ourol saltaron o campo bastante enchufados e nos dez primeiros minutos xa dispuxeran de dúas ocasións cada un deles; pero non sería ata o minuto 25 cando Marcos Tojo abre o marcador logo de rematar un disparo de Manu dende fora da área que se estrelara no largueiro. Tan só 3 minutos mais tarde Hugo marca o segundo para os locais logo dunha gran xogada persoal.
O terceiro chegou logo dun saque de córner que Marcos Tojo remata de cabeza e o tres a un é obra de Jacobo nunha xogada pola banda no que os locais se queixaron de fora de xogo. Un minuto mais tarde Marcos Tojo pon e catro a un (e o seu hat trick persoal) nun disparo dende o borde da área. 
A segunda metade tamén comeza moi forte e os dez minutos o Matela volveu a dispoñer dunha gran ocasión, no quince é Alberto quen desperdicia un pase de Diego mandando o balón por enriba da portería.
O Ourol adianta liñas e recorta defensa, consigue así acortar distancias no 65' nun despiste da defensa local que obriga a saír a Pablo fora da portería, Jesús de vaselina marca o 4 a 2 definitivo. 
Os visitantes non deixan de pelexar e a falta aínda de vinte minutos para o remate dispoñen
 doutra clara ocasión de gol, os locais aguantan do resultado ata o remate.
Colexiado: Denís Seijas Rodríguez.















Fotos: Tareixa Rguez.

martes, 13 de enero de 2015

CAZAS - MATELA

Segundo partido da volta e primeiro logo do parón de Nadal, desplazamos a Cazás o sábado para disputar a 15ª xornada. Asubiou o encontro David Rodríguez Pérez.

O primeiro cuarto de hora trancurre sin apenas ocasións de gol, sería no 17 cando os locais nunha mala saída do porteiro visitante terían a ocasión mais clara para abrilo marcador pero o disparo sae moi alto por enriba da portería. No 35 os visitantes marcarían, pero o gol non subiu ó marcador porque o sr. colexiado di que o balón non entra e cinco antes do descanso os visitantes tamén reclamarían un penalti.
Na segunda metade tralo paso por vestuarios o Matela mellora un pouco pero non sería ata preto da media hora cando dispón dunha clara ocasión para marcar, un forte disparo de Veiga que o porteiro local saca a córner.
Puido sentenciar o partido e acada-los tres puntos Marcos Barro no último minuto do encontro pero o seu disparo sairía fora.
Un punto que sabe a pouco nun encontro feo, de pouco xogo e cheo de protestas.














Fotos:Tareixa Rguez.