TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

miércoles, 25 de marzo de 2015

MOMAN - MATELA


O Matela perdeu a segunda plaza na casa do último clasificado, posto que asegura o ascenso directo a segunda autonómica.
Os visitantes dominaron durante os primeiros 45 minutos e dispuxeron de varias ocasións para marcar, mais a sorte non estivo de cara pra eles esa tarde. Os locais tan só lanzaron un par de tiros á porta defendida por Pablo  e ningún deles con perigo; coa igualada no marcador marcharon ó descanso.
Os doce minutos da segunda metade o Momán avisa e fai intervir a Pablo cunha boa parada, o cuarto de hora de xogo marca por medio de Héctor, dende ese momento os locais médranse e os visitantes véñense un pouco abaixo.  
Preto do final o Matela puido empatalo partido pero o porteiro local detivo o disparo.
Colexiado: Luis Viña Seijas













Fotos: Tareixa Rguez.

miércoles, 18 de marzo de 2015

MATELA - PARGA


Antepenúltimo partido de liga xogado na fría tarde do domingo en S. Lourenzo, ante bastante público.
Nada mais comezalo partido xa se adiviñaba que sería entretido, pois as ocasións pasaban dunha portería a outra. Ós 10 minutos de xogo García e Veiga trenzan unha boa xogada pero esta remataría nas mans do porteiro visitante e só dous minutos mais tarde sería o Parga quen tentaría abrilo marcador; o cuarto de hora sería Tojo quen probaría suerte pero o seu disparo saíulle pegado ó pau. Dez minutos mais tarde sería Jorge de cabeza quen remataría un saque de córner dos visitantes, pero tamén o seu remate sae fora, rozando o largueiro. Na seguinte xogada son os visitantes quen abren o marcador por medio de Oscar. Con este resultado marcharían a vestiarios.
No primeiro minuto da segunda metade nun saque de córner dos locais o rechace recólleo Javi pero o disparo sáelle moi alto. No minuto cinco chega o empate por medio de Sarceda que remata de cabeza entre os tres paus un saque de banda.
O Parga volve a poñerse por diante no marcador os 11 minutos de xogo por medio de Rubén, cunha boa xogada pola banda e tan só cinco minutos tardaron os locais en igualar de novo o marcador, neste caso foi Diego quen de falta coloca o dous a dous. O tres a dous definitivo e obra de Manuel quen remata un saque de banda. No tempo engadido (8 minutos) Javi dispuxo de dúas claras ocasións para amplialo marcador. Os visitantes en ningún momento se deron por vencidos e intentaron a igualada.
Colexiado: José Luis Cabanas Parrado.












Fotos: Tareixa Rguez.

miércoles, 11 de marzo de 2015

CELEIRO - MATELA


Partido xogado na tarde do sábado no Municipal de Viveiro con reparto de puntos.
Primeira metade sin claro dominador na que somentes cabería destacar tres xogadas; unha primeira os 26 minutos de xogo, mano dos visitantes moi preto da área, o seu lanzamento é desviado por Pablo a córner, no trinta e cinco e o Matela por medio de David con xogada persoal e no 45 xogada entre García e Tojo ambalas dúas fallidas.
Na segunda metade os visitantes saen un pouco mais motivados e xa os cinco minutos de xogo dispoñen da primeira ocasión, xogada entre David e García, no 13 nova ocasión, desta volta a balón parado. Semella que o balón non quixera colarse entre os tres paus.
Cando xa se levaban xogado vinte e cinco minutos os locais tiveron a primeira ocasión a balón parado e dous ou tres minutos mais tarde son os visitantes quenes estragan unha boa ocasión; Pedro remata de cabeza un saque de córner, pero este sae rozando o largueiro.
Nos derradeiros segundos de xogo os locais puideron marcar a saque de córner pero Pablo moi seguro evitou que o tanto subise ó marcador.
Colexiado: Jesús Martín Florez.















Fotos: Tareixa Rguez.

martes, 3 de marzo de 2015

MATELA - CODESIDO

Os locais conseguiron unha vitoria pola mínima ante o Codesido.
Veiga (minuto 44) foi o autor do gol logo dunha xogada persoal e de quedarse só ante o porteiro.
A primeira metade transcorre con moitos altibaixos no xogo, o Codesido puido abrilo marcador no minuto 20 de xogo e a media hora sería o Matela por medio de Pedro quen disporía da mellor ocasión. 
A segunda metade (marcada polo mal estado do terreo de xogo) comeza tola e xa no primeiro minuto os locais volven a ter unha ocasión moi clara, no cinco serían os visitantes quen gozarían desta ocasión.
No minuto 20 prodúcese a xogada clave do partido, o equipo visitante reclama a expulsión do porteiro local por man fora da área, pero o colexiado somentes lle amosa cartón amarelo, o cal lle permite seguir xogando e desviar a córner o posterior lanzamento da falta. A falta ainda de 12 minutos para o remate Marcos Tojo dispuxo da mais clara ocasión de gol, pero a súa vaselina sae fora, xa no desconto e cun home mais o Codesido tivo outra opción a balón parado.
Colexiado: David Liz Sierra













Fotos: Tareixa Rguez.