TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

miércoles, 30 de septiembre de 2015

MATELA - CELEIRO


Os de Viveiro empezaron moi metidos no partido e conseguiron poñerse por diante no marcador os vintecinco minutos de xogo por medio de Gabriel, faltando dous minutos para o descanso o mesmo Gabriel marcaría o segundo. Con esa vantaxe i en superioridade numérica por expulsión de Oscar marcharían a vestiarios.
Tralo descanso os locais moito mais centrados saen a polo partido e no minuto 15 Eloy pon o un a dous no marcador logo  de recollelo rechace do penalti que el mismo tirara e que despexara o porteiro visitante. O gol do empate é obra de García tan só catro minutos mais tarde.
Xusto no minuto noventa a saque de córner Pablo remata na súa propia porta o gol que lle deu os tres puntos ó Matela.

Colexiado: Pedro Castro Gómez

O vindeiro sábado volvemos á costa, enfrontarémonos ó San Román no campo da Cha en Vilaestrofe (Cervo) as catro e media da tarde. 














Fotos: Tareixa Rguez.

martes, 22 de septiembre de 2015

CERVO - MATELA

Segundo partido de liga e viaxe a costa lucense para enfrentarnos ó Cervo.


No primeiro cuarto de hora de xogo ámbolos dous equipos gozaron de ocasións, o dominio era alterno; segundo foi pasando o tempo  os locais fixéronse co control do partido, os visitantes souberon aguantar co cero a cero ata o remate da primeira parte.

Tralo descanso os visitantes saen mais motivados ó campo e tentan desfacela igualada, agora é o Matela quen domina o partido. 
No minuto 10 García abre o marcador trala execución dunha falta ó borde da área. A alegría non lles duraría nada mais que 10 minutos pois o Cervo empata ó transformar un penalti. A partires de aquí os locais volven a ter as rendas do partido, o xogo agora é duro e as faltas son constantes, os locais xogaron os últimos minutos con superioridade numérica. A boa actuación de Pablo e a falta de acerto dos dianteiros impediron que se movese o marcador. 
Normas que se impoñen para non cumprilas!!.
Colexiado: Luis Manuel Graña González.













Fotos:Tareixa Rguez.

viernes, 18 de septiembre de 2015

PRIMEIRA XORNADA: MATELA - RIOAVESO

Como non puiden asistir ó inicio da temporada, limítome a transcribir o que poñía O Progreso o luns.

O Matela comezou a temporada cun triunfo no campo de San Lourenzo de Aguiar ante un totalmente renovado Rioaveso, que non conserva ningún xogador do equipo que descendeu fai dous anos.

O cadro visitante inagurou o marcador na primeira xogada do partido (min. 1), na que Xoán logrou batir a Pablo cun bo disparo tras unha indecisión da zaga local.

O Matela buscou a reacción de maneira inmediata e no minuto 6 fixo a igualada por medio de Marcos Tojo, que recolleu coa cabeza un bo pase de Eloy. Este resultado chegou ó descanso.

No segundo tempo, os locais buscaron o gol do triunfo pero o Rioaveso estivo ben en defensa, evitando o gol do triunfo ata o minuto 89 no que Manuel aproveita un rexeite do porteiro visitante para colocar o 2 a 1 definitivo.

A.D.MATELA: Pablo, Alex (min. 70 Alberto), Sarceda (Yago min. 70), Manuel, Pedro, Javi, Eloy, Veiga, Marcos, Oscar (Hugo min. 66) e Bruno (Pichin min. 46).
RIOAVESO: Adrián, Javier, Xesús, Alberto, Martín Tomás Alejandro, Xoán, José M., Alberto Montenegro, Pedro e Sergio. Tamén xogaron: Alejandro Ledo, Pablo e Adrián.

Arbitro: Iván Montero Piñeiro.














Fotos: Moncho Vivero

COMEZA A TEMPORADA

Benvidos tropa!!!
Aquí andamos outra vez, arrancou unha nova temporada!!
Os xogadores fixérono a primeiros de agosto, tres días á semana no campo de S. Lourenzo de Aguiar, que pertence ó concello e no que a A.D. MATELA disputa os seus partidos como local.

A directiva tamén traballou a reo, no tema deportivo fixo tres novos fichaxes: Eloy, Yonatan e Oscar, todos eles coñecidos, Eloy procedo do Riotorto, Yonatán do Abadín e Oscar que xa facía uns anos que non xogaba, xa o fixera neste equipo fai unhas cantas temporadas. Contamos tamén con Diego, un rapaz que estivo fai duas temporadas con nós como xogador e esta temporada colabora nos adestramentos.

Tamén tocou facer outros traballos, sobre todo de limpeza:  dentro de vestuarios fíxose unha limpeza profunda pois despois de case tres meses de paro as arañas "campaban ó seu aire", deuse unha man de pintura a algunha que outra cousa que pedía a berros que a reparasen e fora de vestuarios rozáronse silvas e toxos que bordeaban o terreo de xogo, fumigáronse os nidos de avispas que se instalaran no campo e aledaños a maiores de colocar as redes de detrás das porterías.
#humedadescantasqueiras#chovedentro#sentimentodeabandono#solicitamosserviciosmumicipais#