TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

lunes, 20 de enero de 2014

MATELA - ROUPAR

Despois da derrota da semana pasada na casa frente o Parga, este sábado enfrentámonos ó Roupar tamén na casa.
A tarde non puido empezar mellor, os locais sairon moi motivados ó terreo de xogo e xa os 3 minutos García tivo a primeira ocasión de gol. Goles que materializa mais tarde nos minutos 7 e 44, a maiores tamén marcaron Hugo no 19, Manuel no 23 a Marcos no 29.
A primeira metade foi un monologo do Matela, i eso que estragaron varias ocasións e o porteiro visitante detería un penalti. Na segunda metade  e pese a non dispoñer de cambios o Roupar plantoulle cara os locais logo despois de marcar o seu tanto  (penalti) tan só 8 minutos despois do comezo. Non se movería o marcador ata o 89 cando Javi Rielo marca o sexto e definitivo a pase de Adrián e que ven precedido dun gran control de Alberto.
Colexiado:  Jesús Adán Gallego












Fotos: Tareixa Rguez.


No hay comentarios:

Publicar un comentario