TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

martes, 23 de abril de 2013

MATELA - SAN CIPRIAN

Pese o inusitado horario ó  Matela saíronlle ben as contas e fixo un bo partido.
Ós sete minutos do comezo Quique dende a frontal da área marca o primeiro para os locais. 
Transcorre o que resta de primeira parte con ocasións alternas para ámbolos dous equipos pero ningún deles consegue movelo marcador.
Na reanudación e transcorridos 3 minutos de xogo nunha xogada entre Marcos e Mamadou, este consigue bater o porteiro visitante e pon o dous a cero que semella dar un pouco de tranquilidade, mais no minuto 14 o colexiado sinala penalti e roxa a Patri por xogalo balón coa man (moi protestado, pois ata os visitantes din que non é penalti), Pedro rexeita a pena máxima e saca unha prodixiosa man para sacar tamén o rechace. Moi preto da media hora de xogo logo dun saque de córner Jonathan e de forte disparo marca o terceiro e para rematar no 35 de novo Quique de falta directa marca o cuarto e difinitivo.
Colexiado: Marco Antonio Coto Villarin












Fotos: Tareixa Rguez.