TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

jueves, 3 de abril de 2014

MATELA - FOLGUEIRO

Este pasado domingo disputouse en S. Lourenzo o derradeiro partido de liga que nos enfrontou ó Folgueiro; dirixiu o encontro Ismael Vázquez López.
Comezou o partido a un ritmo bastante tolo, o balón pasaba apresuradamente dunha área a outra. 
Non se abriu o marcador ata a media hora de xogo, Adrían recolle un balón na área logo do rexeite da defensa nun saque de córner. Rondando os cuarenta e cinco dispoñen os locais dunha clarísima ocasión pero o balón que remata Marcos de cabeza bate no pau.
Tralo descanso o Matela faise totalmente co partido e tras 9 minutos de xogo, de novo, Adrián nunha xogada pola banda esquerda bate o porteiro visitante. 
Prodúcese o primeiro cambio dos locais, entra no terreo de xogo García e nada mais entrar dispón da ocasión mais clara de gol, o porteiro despexa a córner. Sentencia o partido os quince de xogo Marcos. 

Este vindeiro domingo disputaremos o primeiro partido de play off polo ascenso a segunda autonómica, toca ir a Goiriz. !!Forza Matela!!
















Fotos: Tareixa Rguez.