TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

viernes, 28 de noviembre de 2014

PARGA - MATELA


Por dous goles a cero gañounos este pasado domingo o Parga, campo dificil e xogo moi duro o que se viu no Noreña Basanta.
A primeira metade trancurriu sin goles e con alternativas para os dous bandos, destacando un clarísimo penalti cometido polos locales e non sinalado polo colexiado a media hora de xogo.
Os restantes cuarenta e cinco minutos veñen marcados por un penalti que nos señalan no minuto dez de xogo e que transforma o Parga por medio de Fco. Pereira. 
Os visitantes que dende o minuto 62 xogaron en inferioridade numérica non se atopaban cómodos no campo e debido a un erro da defensa encaixan o segundo e difinitivo.
Colexiado: David Liz Sierra (Protestado e insultado polo público)










Fotos: Tareixa Rguez.

martes, 18 de noviembre de 2014

MATELA - CELEIRO

Este domingo visitounos o Celeiro, equipo que se estreou esta tempada na categoría.
O conxunto da costa entrou  moi motivado ó terreo de xogo e nada mais comezalo partido, concretamente ós 3 minutos xa dispuxeran da primeira ocasión de gol.
Os seguintes 15 minutos foron de dominio local chegando o gol no minuto vinte  por medio de Marcos Tojo que só tivo que empurrar un balón solto logo dun mal despexe do porteiro e da defensa visitante.
Non por isto o Celeiro baixou os brazos, seguiu trenzando xogadas e chegando á portería contraria pero sin remate de cara ó gol. Tralo descanso e xa pasada a media hora de xogo consiguen empatalo partido por medio de Felipe, tamén nunha  xogada un tanto enbarullada.

A falta dun minuto para o remate os locais logran o gol que lles deu os tres puntos por medio de Pedro logo dun saque de falta. Gol protestado polos visitantes por posible fora de xogo.
Colexiado: Johan Sebastián Cediel












Fotos: Tareixa Rguez.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

CODESIDO - MATELA



Este pasado domingo xogamos no campo "Casanova" de Codesido a novena xornada da liga. Acadámolos tres puntos con un único gol marcado por Sarceda de cabeza ó saque dun córner no minuto 9 da segunda metade.

Os primeiros 45 minutos foron de dominio visitante pero a pesar de dispor de varias ocasións ningunha remataría entre os tres paus. A mais clara foi obra de Marcos Tojo os seis minutos de xogo.
Na segunda metade e logo de marcar o 0 a 1 García dispón doutra ocasión clarísima pero o seu disparo sae directo ás mans do porteiro; tan só cinco minutos mais tarde nunha xogada ensaiada Sarceda manda o balón por enriba da portería.
O Codesido non baixou en ningún momento os brazos e a piques estivo de empatar o partido logo dunha perda de balón dos visitantes no medio do campo, cando tan só faltaban cinco minutos para o remate. 
Colexiado: Iván Montero Piñeiro















Fotos: Tareixa Rguez.


jueves, 6 de noviembre de 2014

MATELA - CATRO ROLDAS

Dous a un foi o resultado do encontro disputado o pasado domingo en S. Lourenzo de Aguiar fronte o Catro Roldas. O primeiro gol é obra de Marcos Tojo ós 8 minutos de xogo e pouco mais fixo o Matela nos restantes corenta minutos de xogo,  o Catro Roldas domina o xogo e acada o empate a falta de 5 minutos para o descanso por medio de Alejandro logo de rematar totalmente libre de marcas un córner.  Con este resultado marchan a vestuarios.
Trala reanudación e transcurridos 10 minutos de xogo os locais quedan con 10 xogadores pola expulsión de Hugo, a partires de aquí a vantaxe é para os visitantes pero os locais fanse co dominio do balón e logran subir ó marcador o segundo gol e o que lles daria a vitoria, por medio de Pedro, que cabecea perfectamente un centro que lle pon Alberto dende a banda dereita.

Colexiado: José Luis López Rodríguez













Fotos: Tareixa Rguez.