TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

miércoles, 27 de noviembre de 2013

MOMAN - MATELA

Pouco fútbol foi o que vimos na pasada e fría tarde de domingo no campo da Veiga.
Tanto visitantes como locais non crearon apenas ocasións de gol, a pesares desto o Matela acadou os tres puntos gracias o gol conseguido no minuto 25 de xogo logo dun saque de falta; o balón colase dentro da portería non se sabe moi ben si é un defensa local ou un dos xogadores visitantes o que lle toca.
Na segunda metade todo transcurre igual ata que no minuto 70 o Matela se queda con dez xogadores logo da expulsión de David por dobre amonestación. Ainda quedan 20 minutos e os visitantes recomponen liñas e sacan balóns largos para asegurala vitoria.
Colexiado: José Luis Cabanas Parrado










 
Fotos: Tareixa Rguez.

martes, 19 de noviembre de 2013

MATELA - CAZAS

Volvíase a repetir a historia da semana pasada, o Matela tan só dispoñía de 14 xogadores para disputar o partido deste pasado domingo frente o Cazás. A pesares desta circunstancia os locais saíron ó campo moi enchufados e xa nos primeiros compases puideron abrir o marcador por medio de Javi Rielo que remata ó pau un saque de banda, tamén bate no pau unha falta que saca o mismo Javi Rielo e minutos mais tarde peta no largueiro un disparo de Hugo.
Foi García quen estreou o marcador no minuto 26 a pase de Pedro e tan só cinco minutos mais tarde Hugo pon o dous a cero logo de rematar de cabeza un córner. Este resultado lévanos ó descanso.
Na segunda metade son os visitantes os que saen mais concentrados  e consiguen o 2 a 1 por medio de Iván os 10 minutos de xogo. O Matela está xogando con 10 por mor de que Manuel ten que abandoar o campo logo de levar un golpe na cabeza e atoparse moi mareado. Estes minutos fanse longos e desconcerten ós locais mentras que o Cazás bótase arriba e pensa na igualda.
O Matela sentencia no minuto 35 por medio de Patri.
Colexiado: Iago Castro Peralta
 
 
 




 

 

 
Fotos: Tareixa Rguez.

martes, 12 de noviembre de 2013

GOIRIZ - MATELA

Partido que rematou en tablas (1-1) logo de que os locais desperdiciaran varias ocasións, algunhas delas regaladas polos visitantes.
Os goles acadáronse na primeira metade con tan só cinco minutos de diferencia.
Comezaría marcando o Goiríz por medio de Fidel logo dun tiro raso cruzado que peta no pau, sae rebotado ó pau contrario e que se cola dentro da portería. Cinco minutos mais tarde empataría o Matela por medio de Beni tras executar maxistralmente una falta, este coloca o balón na escuadra, inalcanzable para o porteiro local.
Colexiado: David González Pousa










 
Fotos: Tareixa Rguez.

martes, 5 de noviembre de 2013

MATELA - CATRO ROLDAS

Partido tolo en San Lourenzo de Aguiar, con moitas alternativas no xogo e no marcador.
Os locais chegaron ó descanso con dous a cero  o primeiro obra de Javi Rielo e o segundo de Adrián, pero o Catro Roldas empataría na segunda metade en tan só seis minutos, do 55 ó 61.
De novo Adrián poría terra de por medio anotando o terceiro e o cuarto, os visitantes reducirían diferencias ó tansformar un penalti no minuto 85. Os visitantes non deixaron de pelexar e os locais (cun home menos) sufrirían ata o final para amarralo resultado.
Colexiado: Rubén Folgueira Rios
Non hai fotos do encontro porque o fotógrafo estaba de viaxe.