TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

jueves, 26 de diciembre de 2013

OUROL - MATELA

Partido celebrado na fría tarde do sábado, o último partido deste ano no que o resultado foi de empate a tres.
Comezaba ben a tarde pois xa no minuto 8 Javi Rielo abría o marcador logo de cabecear un balón de saque de córner, pero a alegría duraba pouco e no dezaoito igualaba o marcador de penalti Ivan Rguez.
Ós visitantes non lles saían as cousas e os locais dominaban o encontró, consiguen así poñerse por diante no marcador outra vez por medio de Iván no minuto 33. Con este resultado marchavamos o descanso.
Na reanudación e nada mais comezar Yago dispón dunha boa ocasión pero o balón sigue sin querer entrar. Pola contra quen si marca e o Ourol por medio de Iván (hat trick) que é o encargado de lanzar un novo penalti.
O resultado ponse feo (tres a un para os locais) pero o Matela non baixa os brazos e sigue tendo ocasións, tan só se levan xogado cinco minutos e Beni consigue o tres a dous con un gol olímpico.
O marcador non se movería ata o 75 no que Hugo pon o tres a tres definitivo.
Os visitantes na segunda metade dispuxeron de moitas ocasións clarísimas e dominaron o encontro mais a sorte non os acompañou de cara ó gol.
Colexiado: Abraham Vázquez Alemparte.
 
Como ata o ano non se volve a xogar, aproveitamos para dende aquí desexar un Bo Nadal para todos e que o vindeiro ano nos traiga moitas vitorias!!!!!!
 
 











 
Fotos: Tareixa Rguez.
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario