TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

miércoles, 30 de diciembre de 2015

RIOAVESO - MATELA

Na véspera de noitevella vou colgar a última entrada deste ano que remata, esta correspondese co primeiro partido da volta que se xogou o pasado domingo día 20.

O partido foi moi intenso e o marcador final non reflexa as ocasións que se viron durante o encontro. Nos primeiros cuarenta e cinco minutos os visitantes dominaron, dispuxeron de varias ocasións claras pero non acertaron na definición final. A primeira ocasión foi de Pardiño ós cinco minutos do comezo pero o disparo saíulle altísimo, dous minutos mais tarde son os locais quen fallan diante de Pablo.
Pardiño ós 20 minutos e Marcos Tojo á media hora de xogo volven errar sendas ocasións, ao primeiro o seu tiro sáelle fora e ao segundo o lanzamento e rexeitado de primeiras polo porteiro e logo non atopa rematador. Co resultado de empate a cero marchan ó descanso.
Tralo paso por vestiarios e logo de facer o seu único troco o Matela consegue o tanto da vitoria por medio de Iago ós 15 minutos de xogo, este bateo ó porteiro local cun disparo dende case a metade do campo. Os locais pelexaron ata o último segundo de partido e dominaron o que restaba de partido mais non tiveron sorte de cara o remate. No desconto Iago tivo de novo nos seus pés o gol da sentencia, o disparo sáelle moi por enriba do longueiro.

Colexiado: Jesús Adán Gallego.













Fotos: Tareixa Rguez.

viernes, 18 de diciembre de 2015

CAZAS - MATELA


O sábado desprazamonos ó "catro ventos" e pouco ou case nada que contar desta xornada.
O Cazás cun case 100% de efectividade asoballa ó Matela.
Na primeira metade, pese a ser mala, vimos un gol; Jose a cinco minutos para o descanso abria o marcador para os da casa.
Tras o descanso e xa na xogada do saque central o Cazás marca o seu segundo tanto, obra de Miguel a pase de Chechu. Os visitantes non logran facerse co control do partido, non crean perigo e somentes trenzan algunha xogada illada, o xogo é duro, e as faltas son constantes. Os locais creceronse cos goles e os visitantes apocaronse; adiantaron liñas e pasaron a defensa de tres para tratar de acortar distancias. A falta de media hora para o remate do encontro, Iván, primeiro e Juán despois marcan o catro a cero definitivo.
Xornada para esquecer e reflexionar, pese a que o fin de semana nos acompañou cos resultados dos demais encontros.
Colexiado: Josué Villabrille Forja













Fotos: Tareixa Rguez.

miércoles, 2 de diciembre de 2015

MATELA - CATRO ROLDAS

Coa vitoria deste pasado domingo fronte ó Catro Roldas acadamos tres novos puntiños que nos manteñen na segunda praza da clasificación e nos serven ademais para deixalos a eles a catro puntos e para rompérllela condición de invictos.
Na primeira metade so cabe destacar as poucas ocasións de gol, o xogo bronco e o dominio alterno, si cabe, maior posesión dos visitantes. Co cero a cero inicial marchan ó descanso.
A segunda metade comeza con moita mais intensidade dos locales e xa no primeiro minuto Pardiño logo dun pase dende a banda contraria e un rechace faise co balón e logra bater ó porteiro visitante cun gran disparo raso cruzado dende fora da área. Cando aínda faltaban cinco minutos para cumplirse a media hora de xogo logo dunha recuperación ao borde da área de Marcos Tojo e da xogada pola banda de Oscar, este marca o dous a cero definitivo. O Catro Roldas non se rendeu e tentouno ata o remate do partido.
Colexiado: Pedro Castro Gómez













Fotos: Tareixa Rguez.