TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

jueves, 27 de marzo de 2014

CELTA BARREIROS - MATELA

Este pasado domingo desprazámonos ata Barreiros para disputar a penúltima xornada de liga. Un campo sempre complicado debido en gran parte ás súas dimensións.
Os locais comezaron moi intensos e nos primeiros dez minutos de xogo dispuxeron de dúas boas ocasións, que Marcos despexa, non sin certos apuros. Na primeira metade o Matela non creou apenas ocasións.
Na segunda metade  faise co control do partido e dispón de varias ocasións pero ningunha delas rematou dentro da portería, a falta de un cuarto de hora para o remate os locais quédanse con dez xogadores pola expulsión de Copete. O Matela nestes quince minutos crea as mellores ocasións pero ningunha desfixo o empate.
Colexiado:  Marco Antonio Coto Villarin 













Fotos: Tareixa Rguez.

miércoles, 19 de marzo de 2014

MATELA - MOMAN

Tanto locais como visitantes comezaron  o partido con moito ritmo pero con bastantes imprecisións. Ós dous lles costaba chegar á area contraria. Foi non saque de banda cando o Matela abre o marcador e catro minutos mais tarde Adrián marca o dous a cero.
O Momán acorta distancias cinco minutos despois transformando un penalti. 
Con este resultado marchanse ó descanso.
A segunda metade tamén comeza trepidante, no cuarenta e sete de xogo o Momán empata o encontro.
Adrián marcaría o tres a dous definitivo nunha xogada pola banda cando ainda faltaban trinta e cinco para o remate, si ben o Momán puido igualar o partido na derradeira xogada do encontro.
Colexiado: Denís Seijas Rodríguez.















Fotos: Tareixa Rguez.

martes, 11 de marzo de 2014

CAZAS - MATELA



Preciosa tarde de domingo a que disfrutamos o pasado domingo no campo de "Catroventos", onde nos enfrentamos ó Cazás. Os locais saíron a polo partido e os seis minutos de xogo dispuxeron dunha clara ocasión de gol, Marcos o noso porteiro lograría despexar a córner.
Na contra é o Matela, quen por medio de Marcos, dispón dunha boa ocasión, o balón pasearíase por diante da portería e non atoparía rematador.
Rondando os vinte  e cinco minutos de xogo Sarceda erraría un penalti cometido sobre Beni e xa moi preto dos cuarenta e cinco Manu Fdez. mandaría fora un disparo só diante do porteiro.
Na segunda metade os locais saen un pouco mais frouxos e os visitantes algo mais centrados, prodúcense os primeiros cambios e Manuel nun rechace logo dun saque de córner consegue o único tanto do encontro (min.67).
Na última media hora de xogo créanse ocasións en ambos lados, o Cazás nos derradeiros dez minutos fixo todo o posible por acadar o empate.


Colexiado: José Luis Cabanas Parrado.














Fotos: Tareixa Rguez.

miércoles, 5 de marzo de 2014

MATELA - GOIRIZ

Este pasado domingo desprazámonos ó veciño concello de Cospeito ó campo da "Fonte" para disputa-lo partido contra o Goiríz, xogamos como locales e xogamos aló por mor do tempo, pois debido o chuvioso inverno que estamos padecendo o campo de S. Lourenzo de Aguiar estaba encharcado.
Comezamos as cinco e as cinco e oito minutos encaixamos o único tanto do encontro logo de que Santiago , libre de marcas rematase de cabeza un saque de córner.
Non foi o dia do Matela e non lle saíron as cousas , Javiño o borde dos noventa tivo o empate nas súas botas cun disparo dende a frontal da área que desvíou o porteiro visitante.
O vindeiro fin de semana toca desplazarse a Cazás.












Fotos: Tareixa Rguez.