TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

miércoles, 25 de noviembre de 2015

POL - MATELA

Tarde fría e chuviosa a do pasado domingo en Pol na que o Matela acadou unha nova vitoria con goles de Marcos Tojo e García.
O Pol saltou ó terreo de xogo mais centrado que os visitantes e a piques estivo de sorprendelos xa no saque inicial. Pouco a pouco o Matela foise metendo no partido e os 13 minutos chegou o primeiro gol, Marcos Tojo recolle un rechace dentro da área e de tiro raso cruzado bate ó porteiro local.
Os visitantes dominaron o xogo e minutos antes de rematalo primeiro tempo dispuxeron doutra ocasión moi boa, Tojo logo dunha xogada persoal pon un centro ao que Eloy non chega por moi pouco.
No comezo da segunda metade os visitantes estrelaron un balón no poste e intres mais tarde, no 58', García de xogada persoal sube o segundo ó marcador.
Eloy novamente ós vinte minutos de xogo dispuxo doutra clara ocasión a pase de García; a falta de un cuarto de hora para o remate do encontro Pablo luciuse cunha parada cando xa os locales cantaban o gol.
Bo traballo do Matela no campo do cuarto clasificado.  E para domingo visitanos o terceiro.
Colexiado: Alejandro Vázquez Méndez.



(Par de goleadores)














Fotos: Tareixa Rguez.

miércoles, 18 de noviembre de 2015

CODESIDO - MATELA

O pasado domingo disputámola décima xornada no campo "A Casanova".
O Matela pouco fixo na primeira metade agás de dous lanzamentos e con pouco perigo á portería local. No minuto doce viuse sorprendido polo sempre loitador Codesido que no seu primeiro disparo a porta logra marcar, o autor do tanto é José A. Díaz que tras unha xogada pola banda, marcha de dous xogadores e bate por arriba a Pablo na saída.
Na segunda metade o Matela sae a polo partido e logra o empate Oscar ó transformar un penalti feito sobre sí mesmo, ós sete minutos de xogo.
O protagonista do partido foi Marcos Tojo, ó cuarto hora tenta sorprender ó porteiro local cun forte disparo dende fora da área, pero este saelle fora; pasada a media hora pon o un a dous no marcador rematando de cabeza un centro de García e tres minutos mais tarde o un a tres definitivo nunha xogada igualiña á anterior pero neste caso o remate a gol é co pé. O xogo segiu sendo fluido e o Codesido non deixou de pelexar ata o remate do partido pero o Matela defendeu ben a súa renda.
Colexiado: Sergio Fernández Neira 















Fotos:Tareixa Rguez.

miércoles, 11 de noviembre de 2015

MATELA - OUROL

O Matela segue na zona alta da clasificación grazas a gañarlle ó Ourol o pasado domingo en San Lourenzo de Aguiar e ao empate do Catro Roldas co lider. Nesta tempada aínda non perderon ningún partido no seu campo.
A primeira metade comezaba ben para os locais, ós dez minutos de xogo dispuxeron da primeira ocasión nas botas de Eloy e a continuación nas de Marcos, pero ámbalos dous disparos son sacados polo porteiro visitante. O Matela domina o encontro e dispón de ocasións, mais o gol non chegaría ata o minuto 26 no que Hugo remata a pracer despois dun saque de banda.
A segunda metade resulta aburrida ata que no minuto setenta e cinco Pardiño pon o dous a cero no marcador, bonita xogada que inicia Bruno pola banda dereita. 
Colexiado: José Luis Cabanas Parrado












Fotos: Tareixa Rodríguez.

jueves, 5 de noviembre de 2015

ABADIN - MATELA

O resultado non reflexa con exactitude o discorrer do partido.

Os locais tiveron tres ocasión clarísimas na primeira metade, a primeira nada mais comezalo encontro, a segunda ós dez minutos de xogo, Seijo só ante o porteiro, lanza fora; e a falta de cinco minutos para o remate tamén estrelaron un balón no largueiro. Co empate a ceros remata a primeira metade. 
Os locais xogaron unha boa e moi dura primeira metade pero na segunda o xogo equilibrase totalmente e o Matela tamén tivo as súas ocasións, algunha que xa se cantaba como gol e que fixo lucirse ó porteiro local.
O gol chega faltando catro minutos para o remate, é Pardeiro tras un saque de falta e un tremendo barullo na área visitante quen logra o tanto que lles deu a vitoria e a permanencia na cabeceira da clasificación. O Matela sumou a primeira derrota en oito xornadas que o descolga á terceira plaza.
Colexiado: José Adrián Rodríguez Expósito













Fotos: Tareixa Rodríguez.