TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

martes, 24 de septiembre de 2013

PARGA - MATELA

Tocou desplazarse ata Parga para disputar o segundo partido da recién estrenada temporada.
Partido marcado polas altas temperaturas, pouco axeitadas para as datas nas que estamos e pola imprecisión de cara o gol. A pesares de gozar de varias ocasións para marcar non se abre o marcador ata o minuto 40 de xogo e para eso  son os locais quen marcan logo dun fallo defensivo noso.
Consegue o empate Beni no minuto vinte da segunda metade logo dun tiro raso que bate no pau e entra; volven a adiantarse os locais rondando a media hora de xogo cun potentísimo tiro dende a frontal da área. E tamén como na primeira metade a falta de 5 minutos para o remate igualámolo marcador logo dun saque de banda e un tremendo barullo na área; según o colexiado Jorge Carballido Vega gol en propia.
 









 
Fotos. Tareixa Rguez.
 

martes, 17 de septiembre de 2013

MATELA -OUROL

Primeiro partido desta nova tempada 2013/2014.
Comezamos na casa contra o Ourol con una derrota pola mínima (0-1); gol que conseguen os visitantes no minuto 10 de xogo logo do saque dunha falta.
O Matela non fixo un bo partido pero tampouco mereceu a derrota. Non tivo sorte de cara o gol pese a ter varias ocasións.
Os visitantes xogarian dende o minuto 73 con dez homes logo da expulsión de Adrián que ve a segunda amarela por zancadillear a un contrario que se quedaba só diante do porteiro, por esta mesma razón tamén o Matela queda con dez a falta de cinco minutos para o remate do encontro tras amosarlle  a roxa directa a Ismael.
Colexiado: Javier Gómez Martín
 








 
Fotos: Tareixa Rguez.