TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

lunes, 14 de octubre de 2013

ABADIN - MATELA

Onte domingo desprazamonos ata Abadín para disputar o partido correspondente á quinta xornada.
O Matela sorprendeu ós locais nada mais comezalo partido, tan só pasaban 3 minutos dende o comezo cando nun saque de córner Hugo abre o marcador. Os locais non disponen de ocasións mais no minuto 20 cun penalti (que pese a que Marcos adiviña o lado e roza o balón, non é quen de páralo) igualan o marcador.
 O Matela non se vén abaixo e dispón de ocasións pero é o Abadín quen no minuto 46 pon o 2 a 1 no taboleiro logo dunha xogada pola banda e o correspondente centro, o balón peta non xogador visitante e este pasa por riba do porteiro sin que poida facer nada por atallalo.
Na segunda metade ámbolos dous equipos teñen ocasións, aínda que a mais clara é para os locais que no minuto 25 fan que Marcos se luzca con unha gran parada e nunha segunda pouco mais tarde.
No minuto 30 o Matela consigue o empate logo de transformar Sarceda un penalti.
Partido duro e donde o colexiado Iago Castro Peralta se mostrou bastante pasota ante as moitas patadas que se deron e sin embargo castigou con amarelas tódalas protestas.











 
Fotos: Tareixa Rguez.


miércoles, 9 de octubre de 2013

MATELA - CODESIDO

Este pasado domingo das mozas conseguímola segunda vitoria consecutiva, desta volta na casa e fronte ó Codesido.
Comezámolo partido dominando e  xa  nos primeiros compases dispuxemos de ocasións, pero non sería ata o minuto 11 cando abririamolo marcador por medio de Patri, este remata de cabeza un saque de banda de Pedro. Con este resultado marchamos ó descanso, o Matela dispón de ocasións e o Codesido puido empatar  rondando a media hora de xogo.
Xa na segunda metade Adrián dispón dunha clara ocasión no minuto 20  que sentenciaría o partido, pero esta non sube ó marcador. O Codesido puxo mais empeño xa de cara ó remate do partido mais non dispuxo de ocasións perigosas.
Colexiado: José Luis Díaz Díaz.
 

 


 


 


 
Fotos: Tareixa Rguez.

martes, 24 de septiembre de 2013

PARGA - MATELA

Tocou desplazarse ata Parga para disputar o segundo partido da recién estrenada temporada.
Partido marcado polas altas temperaturas, pouco axeitadas para as datas nas que estamos e pola imprecisión de cara o gol. A pesares de gozar de varias ocasións para marcar non se abre o marcador ata o minuto 40 de xogo e para eso  son os locais quen marcan logo dun fallo defensivo noso.
Consegue o empate Beni no minuto vinte da segunda metade logo dun tiro raso que bate no pau e entra; volven a adiantarse os locais rondando a media hora de xogo cun potentísimo tiro dende a frontal da área. E tamén como na primeira metade a falta de 5 minutos para o remate igualámolo marcador logo dun saque de banda e un tremendo barullo na área; según o colexiado Jorge Carballido Vega gol en propia.
 









 
Fotos. Tareixa Rguez.
 

martes, 17 de septiembre de 2013

MATELA -OUROL

Primeiro partido desta nova tempada 2013/2014.
Comezamos na casa contra o Ourol con una derrota pola mínima (0-1); gol que conseguen os visitantes no minuto 10 de xogo logo do saque dunha falta.
O Matela non fixo un bo partido pero tampouco mereceu a derrota. Non tivo sorte de cara o gol pese a ter varias ocasións.
Os visitantes xogarian dende o minuto 73 con dez homes logo da expulsión de Adrián que ve a segunda amarela por zancadillear a un contrario que se quedaba só diante do porteiro, por esta mesma razón tamén o Matela queda con dez a falta de cinco minutos para o remate do encontro tras amosarlle  a roxa directa a Ismael.
Colexiado: Javier Gómez Martín
 








 
Fotos: Tareixa Rguez.
 
 

martes, 23 de abril de 2013

MATELA - SAN CIPRIAN

Pese o inusitado horario ó  Matela saíronlle ben as contas e fixo un bo partido.
Ós sete minutos do comezo Quique dende a frontal da área marca o primeiro para os locais. 
Transcorre o que resta de primeira parte con ocasións alternas para ámbolos dous equipos pero ningún deles consegue movelo marcador.
Na reanudación e transcorridos 3 minutos de xogo nunha xogada entre Marcos e Mamadou, este consigue bater o porteiro visitante e pon o dous a cero que semella dar un pouco de tranquilidade, mais no minuto 14 o colexiado sinala penalti e roxa a Patri por xogalo balón coa man (moi protestado, pois ata os visitantes din que non é penalti), Pedro rexeita a pena máxima e saca unha prodixiosa man para sacar tamén o rechace. Moi preto da media hora de xogo logo dun saque de córner Jonathan e de forte disparo marca o terceiro e para rematar no 35 de novo Quique de falta directa marca o cuarto e difinitivo.
Colexiado: Marco Antonio Coto Villarin












Fotos: Tareixa Rguez.