TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

martes, 24 de septiembre de 2013

PARGA - MATELA

Tocou desplazarse ata Parga para disputar o segundo partido da recién estrenada temporada.
Partido marcado polas altas temperaturas, pouco axeitadas para as datas nas que estamos e pola imprecisión de cara o gol. A pesares de gozar de varias ocasións para marcar non se abre o marcador ata o minuto 40 de xogo e para eso  son os locais quen marcan logo dun fallo defensivo noso.
Consegue o empate Beni no minuto vinte da segunda metade logo dun tiro raso que bate no pau e entra; volven a adiantarse os locais rondando a media hora de xogo cun potentísimo tiro dende a frontal da área. E tamén como na primeira metade a falta de 5 minutos para o remate igualámolo marcador logo dun saque de banda e un tremendo barullo na área; según o colexiado Jorge Carballido Vega gol en propia.
 









 
Fotos. Tareixa Rguez.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario