TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

jueves, 29 de septiembre de 2016

SAN ROMAN - MATELA

Segunda xornada e primeiro desprazamento (de cinco) á costa lucense. Segunda vitoria.
San Román: Rubén, Adrián, Carlos, Vanilson, David, Kenneth, Simón, Álvaro, Wilson, Iban e Cesar
                     Tamén xogaron Jelson e Ibourahim
Matela: Pablo, Cubano, Barro, Manuel, Christian, Pedro, Pardiño, Veiga, Luke, Rico e Méjico
             Tamén xogaron Trigo e Pipa

O Matela saíu bastante inspirado o terreo de xogo e logra poñerse por diante no marcador logo de que Rico transformase un penalti os catro minutos de xogo; penalti moi discutido por parte dos locais que sin embargo non dubidou en sinalar o colexiado; coa mesma rigorosidade ós vinte minutos señala de novo penalti pero desta volta a favor do S. Román, pena máxima que logra deter sen problema Pablo.
Sin embargo na seguinte xogada chegaría o empate logo dunha acción mais que confusa, o colexiado pita para que entre no terreo de xogo un futbolista que se atopaba fora, os xogadores  quédanse parados, non saben porque pita, e os locais mais avispados seguen coa xogada que remataría en gol. Acción tamén moi protestada polo público en xeral. Os visitantes foron perdendo fuelle  de cara ós minutos finais da primeira metade.
Tralo empate da primeira metade e a tan só cinco minutos do comezo da seguna chega o segundo e definitivo tanto, obra de Pardiño a saque de banda de Pedro. Preto do remate ámbolos dous equipos dispuxeron de mais ocasións, mais ningún deles materializou, o Matela xogou cun home mais dende o minuto sententa e un por expulsión de Wilson.
Colexiado: Antonio Javier Lanzós Rey
















Fotos: Tareixa Rguez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario