TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

jueves, 22 de septiembre de 2016

PRIMEIRO PARTIDO: MATELA-CELEIRO

AD MATELA: Diego, Cubano, Pipa, Manu, Christian, Pedro, Michael, Veiga, M. Tojo, Rico e García. Tamén xogaron: Iago, Camiño, Barro e Bruno.
CELEIRO: Alberto, Gabo, Diego, Galli, Ladra, Meitín, Carlos, Calo, Javi, Prado, Bellas e Adri.
Suplentes: Javi Díaz e Cristian.
 
O Matela comezou una nova tempada con moitas caras novas e acadou unha vitoria este pasado domingo frente o Celeiro. O partido comezou ben para os locais que se adiantaron no marcador ós cinco minutos de xogo por medio de Marcos Tojo (de cabeza) ó rematar un saque de banda de Pedro. Ó cuarto de hora de xogo Michael pon o dous a cero de córner olímpico. A falta de 15 minutos para o remate da primeira metade os visitantes abren o marcador por medio de Calo cunha vaselina, o gol ven precedido dun erro na defensa e una mala saída do porteiro local. Con este resultado marchan ó descando.
Na segunda metade, ambos equipos dispuxeron de ocasións pero ningún deles con acerto; a falta de dous minutos para o remate do encontro Iago poría o 3 a 1 definitivo tras rematar de cabeza un bo centro de Marcos.
Colexiado: Rubén Folgueira Rios
 











 
Fotos: Tareixa Rguez.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario