TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

viernes, 7 de octubre de 2016

MATELA - RIOAVESO

 
MATELA: Pablo, Manuel, Cubano, Christian, Pedro, Veiga, Michael, Luke, Marcos, Rico e Pardiño
xogaron tamén: Camiño, Barro, Yago, Méjico e Pipa.
 
RIOAVESO: Adrián, Iago, Javier, Alberto, Alejandro, Adrián Gcia., Alejandro Veiga, Jose M., Bruno, Carlos e Adrián Carracedo.
Tamén xogaron: Cleno Odair, Alberto, Sergio e Iago Rico
 
A terceira xornada deixou una nova vitoria para o Matela por dous tantos a cero.
Os locais xogaron dez minutos moi bos nos que Maikel e Luke tiveron ocasión de marcar, nos restantes 35 non xogaron a nada e estiveron bastante embarullados. Pese a todo o Matela anotou o primeiro tanto ós 8 minutos de xogo ó rematar Carlos de cabeza dentro da súa propia portería un saque de banda de Pedro.
A segunda metade comeza mal para o Matela pois ós 3 minutos de xogo quédanse con 10 xogadores por expulsión de Manuel por mor dun agarrón ao borde da área.
Mellorou moito o xogo nesta segunda metade e o Rioaveso tivo ocasión de empatar cun tiro raso que atallou sen problemas Pablo.  A media hora de xogo Marcos Tojo puido sentenciar, mais non acerta no seu remate, mais tarde Iago faría o mesmo. O definitivo dous a cero chegou no minuto noventa por medio de Maikel logo dunha moi boa xogada persoal pola banda  e plantarse só diante do porteiro que non puido facer nada para evita-lo gol.
Colexiado: Xosé López López

 












 
Fotos: Tareixa Rguez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario