TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

miércoles, 7 de octubre de 2015

SAN ROMAN - MATELA


O Matela presentouse en S. Román con tan 12 xogadores dispoñibles, dos cales 11 saíron ó terreo de xogo con moitas gañas e xa nos primeiros intres de partido dispuxeron da primeira ocasión clara de gol logo dun saque de córner, o remate estrelaríase primeiro no largueiro e mais tarde no pau. Os visitantes inaguraron o marcador ó cuarto hora de xogo por medio de Veiga e cinco minutos mais tarde Pichín poñería o cero a dous no marcador, resultado co que remataría a primeira metade e que lles daba certa tranquilidade
Comezado o segundo tempo  e tras catro minutos de xogo os locais de penalti farían o seu primeiro gol, tamén a balón parado e logo dun barullo na área igualarían o partido ós vinte minutos de xogo.
O dous a tres  márcao Eloy na xogada seguinte ó saque de centro e o tres a tres definitivo chega nunha xogada de saque de córner na que Kenneth de cabeza e totalmente libre de marcas remata o balón entre os tres paus.

Este xogador foi o autor dos tres goles do S. Román, polo cal, moi orgulloso, marchou con balón do partido.

Colexiado; Virginio Polo Díaz














Fotos: Tareixa Rguez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario