TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

miércoles, 28 de octubre de 2015

MATELA - MEIRA


Este pasado sábado xógamos un importante partido ante un dos rivales a ter en conta para a liga, o Meira, que ademais nos cambiaran o partido para sábado.

A primeira metade transcurre sin goles a pesar das varias ocasións coas que contaron os locales, o primeiro en intentalo foi Veiga que ós dous minutos de xogo o seu disparo sae pegadiño ó pau, ó cuarto de hora de xogo foi Hugo quen estragou unha clarísima ocasión logo dunha boa xogada entre Eloy e García, coa media hora cumprida García tamén tivo a súa ocasión, pero ésta desbaratouna baixo paus un defensa visitante; e xa ó borde do remate deste primeiro tempo Oscar a pase de Eloy mandaría por enriba dos tres paus o seu lanzamento.
A segunda metade ten un comezo semellante á primeira, Veiga dispón da primeira ocasión e abre o marcador local ós dous minutos do inicio. O Meira non baixa os brazos e na seguinte xogada dispuxo dunha boa ocasión na que fixo lucir a Pablo. Dez minutos mais tarde foi García quen subía o segundo e definitivo tanto ó marcador logo dunha gran xogada e un potente disparo. 
Minutos mais tarde, tamén García, non chegaría para rematar un tiro cruzado que lle puxo Oscar dende a banda.
O Meira seguiu pelexando e xa no tramo final do partido Juán tivo unha clara ocasión para acortar distancias pero o seu disparo saíulle moi cruzado e non atopou portería.
Colexiado: Jorge Fernández Díaz

Para rematalo día disfrutamos dunha cea de equipo como xa tíñamos programado.
















Fotos: Tareixa Rguez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario