TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

martes, 13 de octubre de 2015

MATELA - ROUPAR

Nesta última xornada visitounos o Roupar que viña de acadar una vitoria no partido anterior. 
O Matela quería acadar os tres puntos para non perder o tren dos primeiros clasificados e saíu o campo con ansias de gañar. No primeiro minuto de xogo Sarceda remata un córner sacado por Hugo que abre o marcador. A reacción visitante foi inmediata e os catro minutos dispuxeron dunha clara ocasión de gol na que Pablo se luciu cunha gran parada.
O resto do partido discorreu con alternancia de ocasións para os dous equipos ata o minuto sesenta e cinco no que os locais se fixeron co dominio absoluto do encontro, froito deste dominio chegaría a sentencia definitiva no minuto oitenta por medio de Bruno despois dunha gran xogada de García.
Colexiado: Juan Fernando Salgado Paz














Fotos: Tareixa Rguez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario