TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

martes, 13 de enero de 2015

CAZAS - MATELA

Segundo partido da volta e primeiro logo do parón de Nadal, desplazamos a Cazás o sábado para disputar a 15ª xornada. Asubiou o encontro David Rodríguez Pérez.

O primeiro cuarto de hora trancurre sin apenas ocasións de gol, sería no 17 cando os locais nunha mala saída do porteiro visitante terían a ocasión mais clara para abrilo marcador pero o disparo sae moi alto por enriba da portería. No 35 os visitantes marcarían, pero o gol non subiu ó marcador porque o sr. colexiado di que o balón non entra e cinco antes do descanso os visitantes tamén reclamarían un penalti.
Na segunda metade tralo paso por vestuarios o Matela mellora un pouco pero non sería ata preto da media hora cando dispón dunha clara ocasión para marcar, un forte disparo de Veiga que o porteiro local saca a córner.
Puido sentenciar o partido e acada-los tres puntos Marcos Barro no último minuto do encontro pero o seu disparo sairía fora.
Un punto que sabe a pouco nun encontro feo, de pouco xogo e cheo de protestas.














Fotos:Tareixa Rguez.

2 comentarios:

  1. Decir que o Matela non lle concederon un gol que entrou é moito dicir tendo en conta que o balón quedou a medio metro de traspasar a liña de gol...

    A hora de escribir hai que deixar a parcialidade un pouco de lado, é bo para todos.

    Un saúdo e sorte no que resta de liga.

    ResponderEliminar
  2. Matela sodes uns mataos eso si jeje

    ResponderEliminar