TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

martes, 20 de enero de 2015

MATELA - OUROL

Na fría tarde do sábado xogamos a 16 xornada de liga, na casa fronte o Ourol.
O resultado foi de catro a dous e puido ser mais abultado se ámbolos dous equipos non errasen varias das ocasións creadas.
Tanto o Matela como o Ourol saltaron o campo bastante enchufados e nos dez primeiros minutos xa dispuxeran de dúas ocasións cada un deles; pero non sería ata o minuto 25 cando Marcos Tojo abre o marcador logo de rematar un disparo de Manu dende fora da área que se estrelara no largueiro. Tan só 3 minutos mais tarde Hugo marca o segundo para os locais logo dunha gran xogada persoal.
O terceiro chegou logo dun saque de córner que Marcos Tojo remata de cabeza e o tres a un é obra de Jacobo nunha xogada pola banda no que os locais se queixaron de fora de xogo. Un minuto mais tarde Marcos Tojo pon e catro a un (e o seu hat trick persoal) nun disparo dende o borde da área. 
A segunda metade tamén comeza moi forte e os dez minutos o Matela volveu a dispoñer dunha gran ocasión, no quince é Alberto quen desperdicia un pase de Diego mandando o balón por enriba da portería.
O Ourol adianta liñas e recorta defensa, consigue así acortar distancias no 65' nun despiste da defensa local que obriga a saír a Pablo fora da portería, Jesús de vaselina marca o 4 a 2 definitivo. 
Os visitantes non deixan de pelexar e a falta aínda de vinte minutos para o remate dispoñen
 doutra clara ocasión de gol, os locais aguantan do resultado ata o remate.
Colexiado: Denís Seijas Rodríguez.















Fotos: Tareixa Rguez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario