TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

miércoles, 31 de diciembre de 2014

MATELA - ROUPAR


Foi o primeiro partido da volta e o último do ano, enfrontámonos en S.Lourenzo ó Roupar.
Rematámolo ano cunha vitoria que nos colocou terceiros na clasificación, os 10 minutos de xogo abriu o marcador David Alzola de volea a pase de Manu Fdez. Case o remate da primeira parte o Roupar puido igualar o marcador pero Pablo despexa a córner, foi esta unha das poucas ocasións na que os visitantes se achegaron a porteía local. No 45' Marcos Tojo poñería o dous a cero logo de peinar un balón de saque de falta que fai Sarceda, un gol psicolóxico que lle chaman.
Xa na segunda metade de novo Marcos Tojo marcaría o tres a cero definitivo rematando un balón morto diante da portería, precedido dun rechace do porteiro a disparo de Alberto.
Colexiado: David Pereira Ferreiro.

Aproveitar estas datas para desexarlles a todolos que formamos parte deste club, ó resto de equipos, a todolos cooperantes, seguidores e simpatizantes, ós que len este blog un moi bo 2015.
Para o Matela en especial un ano cargadiño de goles, a favor por suposto!!!!
  













Fotos: Tareixa Rguez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario