TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

martes, 9 de diciembre de 2014

MATELA - MOMAN


Este partido celebróuse o sábado 29 de novembro en S. Lourenzo de Aguiar nunha fría tarde e ante escaso público. Dirixiu o encontro Jesús Adán Gallego.
O Matela comezou con unha clara ocasión de David logo dun rechace do porteiro os cinco minutos de xogo e dous mais tarde inagura o marcador Sarceda tras un córner sacado por Alberto. 
Preto do minuto 15 de novo David dispón doutra boa ocasión, neste caso de cabeza, pero o remate saelle fora. A partires do minuto vinte é o Momán quen ten as mellores ocasións mais ningunha delas remataría entre os tres paus.
Logo do paso por vestirarios segue a ser o Momán quen domina o xogo e o que ten claras ocasións; o Matela case non dispararía á portería nestes primeiros vinte minutos.
Consigue o Momán o empate no minuto 23 tras un saque de córner logo dun gran barullo na área.

A noitiña logo do partido disfrutamos dunha cea de equipo.















Fotos: Tareixa Rguez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario