TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

jueves, 6 de noviembre de 2014

MATELA - CATRO ROLDAS

Dous a un foi o resultado do encontro disputado o pasado domingo en S. Lourenzo de Aguiar fronte o Catro Roldas. O primeiro gol é obra de Marcos Tojo ós 8 minutos de xogo e pouco mais fixo o Matela nos restantes corenta minutos de xogo,  o Catro Roldas domina o xogo e acada o empate a falta de 5 minutos para o descanso por medio de Alejandro logo de rematar totalmente libre de marcas un córner.  Con este resultado marchan a vestuarios.
Trala reanudación e transcurridos 10 minutos de xogo os locais quedan con 10 xogadores pola expulsión de Hugo, a partires de aquí a vantaxe é para os visitantes pero os locais fanse co dominio do balón e logran subir ó marcador o segundo gol e o que lles daria a vitoria, por medio de Pedro, que cabecea perfectamente un centro que lle pon Alberto dende a banda dereita.

Colexiado: José Luis López Rodríguez













Fotos: Tareixa Rguez.


No hay comentarios:

Publicar un comentario