TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

miércoles, 12 de noviembre de 2014

CODESIDO - MATELA



Este pasado domingo xogamos no campo "Casanova" de Codesido a novena xornada da liga. Acadámolos tres puntos con un único gol marcado por Sarceda de cabeza ó saque dun córner no minuto 9 da segunda metade.

Os primeiros 45 minutos foron de dominio visitante pero a pesar de dispor de varias ocasións ningunha remataría entre os tres paus. A mais clara foi obra de Marcos Tojo os seis minutos de xogo.
Na segunda metade e logo de marcar o 0 a 1 García dispón doutra ocasión clarísima pero o seu disparo sae directo ás mans do porteiro; tan só cinco minutos mais tarde nunha xogada ensaiada Sarceda manda o balón por enriba da portería.
O Codesido non baixou en ningún momento os brazos e a piques estivo de empatar o partido logo dunha perda de balón dos visitantes no medio do campo, cando tan só faltaban cinco minutos para o remate. 
Colexiado: Iván Montero Piñeiro















Fotos: Tareixa Rguez.


No hay comentarios:

Publicar un comentario