TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

jueves, 28 de enero de 2016

MATELA - SAN ROMAN


Este pasado domingo nunha calurosa tarde o Matela enfrontouse o San Román no campo de S. Lourenzo.
Pese a contar con tan só  once xogadores o conxunto impúxose con moita claridade ós visitantes que se presentaron tamén con solo 12 xogadores.
Os de S. Román puideron inagurar o marcador na primeira xogada do encontro nunha acción de Miki que detivo Pablo sen problema. Con escasos minutos de diferenza foi o Matela quen marcou, Pardiño, a pase de Bruno, abre o marcador. Eloy tamén dispuxo dunha ocasión clarísima pero o seu disparo bateu no pau. 
O segundo tanto chegou pasada xa a media hora de xogo, desta volta o gol é de Capi, de cabeza.
A escasos minutos para o descanso, García marcou o terceiro, para marchar ó descanso con mais seguridade. Os visitantes xogaban en inferioridade e acusaban o cansazo.
A segunda metade transcorre con un claro dominio dos locais, rondando a media hora da segunda parte, de novo Capi sentencia co cuarto tanto.

Colexiado: José Manuel Alvariño Cruña. 














Fotos: Tareixa Rguez.

martes, 26 de enero de 2016

CELEIRO - MATELA

Esta entrada correspondese co partido xogado o sábado 16 no municipal de Viveiro.

A primeira metade comezou bastante ben, ós 8 minutos de xogo Hugo abriu o marcador para os visitantes nunha xogada onde recolleu un rechace, conduciu e tirou a portería con un disparo pegadiño ó pau onde non puido chegar o porteiro.
Xusto cinco minutos antes do descanso o Matela conseguiría o segundo tanto por medio de Bruno, que transformaría, logo de que Sarceda peitease un saque de banda de Pedro. Pese a todo os locais non baixaron os brazos e ós tres minutos puxeron o un a dos no marcador,obra de Ramil. Con este resultado chegouse ó descanso.
Na segunda metade o Celeiro tentou igualar o partido, mais nunha xogada de contragolpe García marcaría o terceiro e definitivo.
Colexiado: Gabriel Polo Fraga














Fotos: Tareixa Rguez

jueves, 21 de enero de 2016

MATELA - CERVO

Xogóuse este partido o domingo 10, logo do parón navideño e das abundantes chuvias caídas durante esa mesma semana. O Matela empataba na casa diante do Cervo.
A primeira metade apenas contou con ocasións e na segunda os visitantes adiantaronse por duas veces no marcador pese a xogar dende o minuto 25 cun home menos pola expulsión de Indio. 
Ós vinte minutos da segunda metade abre o marcador para os visitantes Brais e cinco minutos mais tarde Saúl de penalti pon o cero a dous no marcador.
Os locais non baixaron os brazos e recortaron distancias por medio de García a pase de Pedro no 71' e cinco minutos mais tarde, de novo García, de penalti, acadaba o empate.
Xornada marcada pola chuvía durante o encontro e pola xa acumulada no terreo de xogo.
Colexiado: Juán Fernando Salgado Paz

















Fotos: Tareixa Rguez.

miércoles, 30 de diciembre de 2015

RIOAVESO - MATELA

Na véspera de noitevella vou colgar a última entrada deste ano que remata, esta correspondese co primeiro partido da volta que se xogou o pasado domingo día 20.

O partido foi moi intenso e o marcador final non reflexa as ocasións que se viron durante o encontro. Nos primeiros cuarenta e cinco minutos os visitantes dominaron, dispuxeron de varias ocasións claras pero non acertaron na definición final. A primeira ocasión foi de Pardiño ós cinco minutos do comezo pero o disparo saíulle altísimo, dous minutos mais tarde son os locais quen fallan diante de Pablo.
Pardiño ós 20 minutos e Marcos Tojo á media hora de xogo volven errar sendas ocasións, ao primeiro o seu tiro sáelle fora e ao segundo o lanzamento e rexeitado de primeiras polo porteiro e logo non atopa rematador. Co resultado de empate a cero marchan ó descanso.
Tralo paso por vestiarios e logo de facer o seu único troco o Matela consegue o tanto da vitoria por medio de Iago ós 15 minutos de xogo, este bateo ó porteiro local cun disparo dende case a metade do campo. Os locais pelexaron ata o último segundo de partido e dominaron o que restaba de partido mais non tiveron sorte de cara o remate. No desconto Iago tivo de novo nos seus pés o gol da sentencia, o disparo sáelle moi por enriba do longueiro.

Colexiado: Jesús Adán Gallego.













Fotos: Tareixa Rguez.