TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

martes, 26 de enero de 2016

CELEIRO - MATELA

Esta entrada correspondese co partido xogado o sábado 16 no municipal de Viveiro.

A primeira metade comezou bastante ben, ós 8 minutos de xogo Hugo abriu o marcador para os visitantes nunha xogada onde recolleu un rechace, conduciu e tirou a portería con un disparo pegadiño ó pau onde non puido chegar o porteiro.
Xusto cinco minutos antes do descanso o Matela conseguiría o segundo tanto por medio de Bruno, que transformaría, logo de que Sarceda peitease un saque de banda de Pedro. Pese a todo os locais non baixaron os brazos e ós tres minutos puxeron o un a dos no marcador,obra de Ramil. Con este resultado chegouse ó descanso.
Na segunda metade o Celeiro tentou igualar o partido, mais nunha xogada de contragolpe García marcaría o terceiro e definitivo.
Colexiado: Gabriel Polo Fraga














Fotos: Tareixa Rguez

No hay comentarios:

Publicar un comentario