TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

jueves, 28 de enero de 2016

MATELA - SAN ROMAN


Este pasado domingo nunha calurosa tarde o Matela enfrontouse o San Román no campo de S. Lourenzo.
Pese a contar con tan só  once xogadores o conxunto impúxose con moita claridade ós visitantes que se presentaron tamén con solo 12 xogadores.
Os de S. Román puideron inagurar o marcador na primeira xogada do encontro nunha acción de Miki que detivo Pablo sen problema. Con escasos minutos de diferenza foi o Matela quen marcou, Pardiño, a pase de Bruno, abre o marcador. Eloy tamén dispuxo dunha ocasión clarísima pero o seu disparo bateu no pau. 
O segundo tanto chegou pasada xa a media hora de xogo, desta volta o gol é de Capi, de cabeza.
A escasos minutos para o descanso, García marcou o terceiro, para marchar ó descanso con mais seguridade. Os visitantes xogaban en inferioridade e acusaban o cansazo.
A segunda metade transcorre con un claro dominio dos locais, rondando a media hora da segunda parte, de novo Capi sentencia co cuarto tanto.

Colexiado: José Manuel Alvariño Cruña. 














Fotos: Tareixa Rguez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario