TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

jueves, 22 de octubre de 2015

CELTA BARREIROS - MATELA

Logo de agardar case unha hora sobre a prevista para o inicio do partido o Matela saltou ó campo totalmente despistado e apático.
Na primeira media hora de xogo encaixaron os dous goles, ámbolos dous obra de Roberto e no corenta Daniel marcaría en propia porta o dous a un co que marcharían a vestiarios.
Xa na segunda metade con un home mais no terreo de xogo os visitantes fixeronse co control total do partido e empataron por medio de Eloy.
Sería García con dous tantos quen lle daría a vitoria ó Matela que mantén así a segunda posición na clasificación e suma unha xornada mais sin perder.
A vindeira xornada (sábado ás 17:00 h) enfrontaranse ó Meira (cuarto clasificado) que tan só perdeu un partido.
Colexiado: José Luis Rivera Arnau.

















Fotos: Tareixa Rguez.


martes, 13 de octubre de 2015

MATELA - ROUPAR

Nesta última xornada visitounos o Roupar que viña de acadar una vitoria no partido anterior. 
O Matela quería acadar os tres puntos para non perder o tren dos primeiros clasificados e saíu o campo con ansias de gañar. No primeiro minuto de xogo Sarceda remata un córner sacado por Hugo que abre o marcador. A reacción visitante foi inmediata e os catro minutos dispuxeron dunha clara ocasión de gol na que Pablo se luciu cunha gran parada.
O resto do partido discorreu con alternancia de ocasións para os dous equipos ata o minuto sesenta e cinco no que os locais se fixeron co dominio absoluto do encontro, froito deste dominio chegaría a sentencia definitiva no minuto oitenta por medio de Bruno despois dunha gran xogada de García.
Colexiado: Juan Fernando Salgado Paz














Fotos: Tareixa Rguez.

miércoles, 7 de octubre de 2015

SAN ROMAN - MATELA


O Matela presentouse en S. Román con tan só 12 xogadores dispoñibles, dos cales 11 saíron ó terreo de xogo con moitas gañas e xa nos primeiros intres de partido dispuxeron da primeira ocasión clara de gol logo dun saque de córner, o remate estrelaríase primeiro no largueiro e mais tarde no pau. Os visitantes inaguraron o marcador ó cuarto hora de xogo por medio de Veiga e cinco minutos mais tarde Pichín poñería o cero a dous no marcador, resultado co que remataría a primeira metade e que lles daba certa tranquilidade. 
Comezado o segundo tempo  e tras catro minutos de xogo os locais de penalti farían o seu primeiro gol, tamén a balón parado e logo dun barullo na área igualarían o partido ós vinte minutos de xogo.
O dous a tres  márcao Eloy na xogada seguinte ó saque de centro e o tres a tres definitivo chega nunha xogada de saque de córner na que Kenneth de cabeza e totalmente libre de marcas remata o balón entre os tres paus.

Este xogador foi o autor dos tres goles do S. Román, polo cal, moi orgulloso, marchou con balón do partido.

Colexiado; Virginio Polo Díaz














Fotos: Tareixa Rguez.

miércoles, 30 de septiembre de 2015

MATELA - CELEIRO


Os de Viveiro empezaron moi metidos no partido e conseguiron poñerse por diante no marcador os vintecinco minutos de xogo por medio de Gabriel, faltando dous minutos para o descanso o mesmo Gabriel marcaría o segundo. Con esa vantaxe i en superioridade numérica por expulsión de Oscar marcharían a vestiarios.
Tralo descanso os locais moito mais centrados saen a polo partido e no minuto 15 Eloy pon o un a dous no marcador logo  de recollelo rechace do penalti que el mismo tirara e que despexara o porteiro visitante. O gol do empate é obra de García tan só catro minutos mais tarde.
Xusto no minuto noventa a saque de córner Pablo remata na súa propia porta o gol que lle deu os tres puntos ó Matela.

Colexiado: Pedro Castro Gómez

O vindeiro sábado volvemos á costa, enfrontarémonos ó San Román no campo da Cha en Vilaestrofe (Cervo) as catro e media da tarde. 














Fotos: Tareixa Rguez.

martes, 22 de septiembre de 2015

CERVO - MATELA

Segundo partido de liga e viaxe a costa lucense para enfrentarnos ó Cervo.


No primeiro cuarto de hora de xogo ámbolos dous equipos gozaron de ocasións, o dominio era alterno; segundo foi pasando o tempo  os locais fixéronse co control do partido, os visitantes souberon aguantar co cero a cero ata o remate da primeira parte.

Tralo descanso os visitantes saen mais motivados ó campo e tentan desfacela igualada, agora é o Matela quen domina o partido. 
No minuto 10 García abre o marcador trala execución dunha falta ó borde da área. A alegría non lles duraría nada mais que 10 minutos pois o Cervo empata ó transformar un penalti. A partires de aquí os locais volven a ter as rendas do partido, o xogo agora é duro e as faltas son constantes, os locais xogaron os últimos minutos con superioridade numérica. A boa actuación de Pablo e a falta de acerto dos dianteiros impediron que se movese o marcador. 
Normas que se impoñen para non cumprilas!!.
Colexiado: Luis Manuel Graña González.













Fotos:Tareixa Rguez.