TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

martes, 22 de octubre de 2013

MATELA - SACIDO

Partido disputado na tarde do domingo, desta volta foi o líder quen nos visitou.
Destacar unha primeira metade na que se xogou ben e se dominou durante os 45 minutos, non dispuxemos de moitas ocasións de gol, pero tampouco os visitantes, cada equipo tivo una clarísima ocasión que non materializou.
Nada mais comezala segunda metade, pasaban dous minutos, e tras un saque de banda e un barullo na área, Manuel remata entre os tres paus e pon o 1 a 0 no marcador.
Tan só 8 minutos mais tarde empata o Sacido por medio de Andrés logo dun saque de falta que despexa Marcos pero que o balón queda morto dentro da área.
A partires do empate os locais van de mais a menos e cámbianse as tornas quen domina o partido agora é o Sacido.
Cando se cumpría a media hora de xogo o visitantes poñen o 1 a 2 definitivo por medio de Iván que remata a pracer un centro dende a banda dereita.
O Sacido acadaba unha nova vitoria gracias ós nosos erros.
Colexiado: David Pereira Ferreiro
 








 
 
Fotos: Tareixa Rguez.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario