TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

miércoles, 11 de noviembre de 2015

MATELA - OUROL

O Matela segue na zona alta da clasificación grazas a gañarlle ó Ourol o pasado domingo en San Lourenzo de Aguiar e ao empate do Catro Roldas co lider. Nesta tempada aínda non perderon ningún partido no seu campo.
A primeira metade comezaba ben para os locais, ós dez minutos de xogo dispuxeron da primeira ocasión nas botas de Eloy e a continuación nas de Marcos, pero ámbalos dous disparos son sacados polo porteiro visitante. O Matela domina o encontro e dispón de ocasións, mais o gol non chegaría ata o minuto 26 no que Hugo remata a pracer despois dun saque de banda.
A segunda metade resulta aburrida ata que no minuto setenta e cinco Pardiño pon o dous a cero no marcador, bonita xogada que inicia Bruno pola banda dereita. 
Colexiado: José Luis Cabanas Parrado












Fotos: Tareixa Rodríguez.

jueves, 5 de noviembre de 2015

ABADIN - MATELA

O resultado non reflexa con exactitude o discorrer do partido.

Os locais tiveron tres ocasión clarísimas na primeira metade, a primeira nada mais comezalo encontro, a segunda ós dez minutos de xogo, Seijo só ante o porteiro, lanza fora; e a falta de cinco minutos para o remate tamén estrelaron un balón no largueiro. Co empate a ceros remata a primeira metade. 
Os locais xogaron unha boa e moi dura primeira metade pero na segunda o xogo equilibrase totalmente e o Matela tamén tivo as súas ocasións, algunha que xa se cantaba como gol e que fixo lucirse ó porteiro local.
O gol chega faltando catro minutos para o remate, é Pardeiro tras un saque de falta e un tremendo barullo na área visitante quen logra o tanto que lles deu a vitoria e a permanencia na cabeceira da clasificación. O Matela sumou a primeira derrota en oito xornadas que o descolga á terceira plaza.
Colexiado: José Adrián Rodríguez Expósito













Fotos: Tareixa Rodríguez.

miércoles, 28 de octubre de 2015

MATELA - MEIRA


Este pasado sábado xógamos un importante partido ante un dos rivales a ter en conta para a liga, o Meira, que ademais nos cambiaran o partido para sábado.

A primeira metade transcurre sin goles a pesar das varias ocasións coas que contaron os locales, o primeiro en intentalo foi Veiga que ós dous minutos de xogo o seu disparo sae pegadiño ó pau, ó cuarto de hora de xogo foi Hugo quen estragou unha clarísima ocasión logo dunha boa xogada entre Eloy e García, coa media hora cumprida García tamén tivo a súa ocasión, pero ésta desbaratouna baixo paus un defensa visitante; e xa ó borde do remate deste primeiro tempo Oscar a pase de Eloy mandaría por enriba dos tres paus o seu lanzamento.
A segunda metade ten un comezo semellante á primeira, Veiga dispón da primeira ocasión e abre o marcador local ós dous minutos do inicio. O Meira non baixa os brazos e na seguinte xogada dispuxo dunha boa ocasión na que fixo lucir a Pablo. Dez minutos mais tarde foi García quen subía o segundo e definitivo tanto ó marcador logo dunha gran xogada e un potente disparo. 
Minutos mais tarde, tamén García, non chegaría para rematar un tiro cruzado que lle puxo Oscar dende a banda.
O Meira seguiu pelexando e xa no tramo final do partido Juán tivo unha clara ocasión para acortar distancias pero o seu disparo saíulle moi cruzado e non atopou portería.
Colexiado: Jorge Fernández Díaz

Para rematalo día disfrutamos dunha cea de equipo como xa tíñamos programado.
















Fotos: Tareixa Rguez.

jueves, 22 de octubre de 2015

CELTA BARREIROS - MATELA

Logo de agardar case unha hora sobre a prevista para o inicio do partido o Matela saltou ó campo totalmente despistado e apático.
Na primeira media hora de xogo encaixaron os dous goles, ámbolos dous obra de Roberto e no corenta Daniel marcaría en propia porta o dous a un co que marcharían a vestiarios.
Xa na segunda metade con un home mais no terreo de xogo os visitantes fixeronse co control total do partido e empataron por medio de Eloy.
Sería García con dous tantos quen lle daría a vitoria ó Matela que mantén así a segunda posición na clasificación e suma unha xornada mais sin perder.
A vindeira xornada (sábado ás 17:00 h) enfrontaranse ó Meira (cuarto clasificado) que tan só perdeu un partido.
Colexiado: José Luis Rivera Arnau.

















Fotos: Tareixa Rguez.