TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

viernes, 18 de septiembre de 2015

PRIMEIRA XORNADA: MATELA - RIOAVESO

Como non puiden asistir ó inicio da temporada, limítome a transcribir o que poñía O Progreso o luns.

O Matela comezou a temporada cun triunfo no campo de San Lourenzo de Aguiar ante un totalmente renovado Rioaveso, que non conserva ningún xogador do equipo que descendeu fai dous anos.

O cadro visitante inagurou o marcador na primeira xogada do partido (min. 1), na que Xoán logrou batir a Pablo cun bo disparo tras unha indecisión da zaga local.

O Matela buscou a reacción de maneira inmediata e no minuto 6 fixo a igualada por medio de Marcos Tojo, que recolleu coa cabeza un bo pase de Eloy. Este resultado chegou ó descanso.

No segundo tempo, os locais buscaron o gol do triunfo pero o Rioaveso estivo ben en defensa, evitando o gol do triunfo ata o minuto 89 no que Manuel aproveita un rexeite do porteiro visitante para colocar o 2 a 1 definitivo.

A.D.MATELA: Pablo, Alex (min. 70 Alberto), Sarceda (Yago min. 70), Manuel, Pedro, Javi, Eloy, Veiga, Marcos, Oscar (Hugo min. 66) e Bruno (Pichin min. 46).
RIOAVESO: Adrián, Javier, Xesús, Alberto, Martín Tomás Alejandro, Xoán, José M., Alberto Montenegro, Pedro e Sergio. Tamén xogaron: Alejandro Ledo, Pablo e Adrián.

Arbitro: Iván Montero Piñeiro.














Fotos: Moncho Vivero

COMEZA A TEMPORADA

Benvidos tropa!!!
Aquí andamos outra vez, arrancou unha nova temporada!!
Os xogadores fixérono a primeiros de agosto, tres días á semana no campo de S. Lourenzo de Aguiar, que pertence ó concello e no que a A.D. MATELA disputa os seus partidos como local.

A directiva tamén traballou a reo, no tema deportivo fixo tres novos fichaxes: Eloy, Yonatan e Oscar, todos eles coñecidos, Eloy procedo do Riotorto, Yonatán do Abadín e Oscar que xa facía uns anos que non xogaba, xa o fixera neste equipo fai unhas cantas temporadas. Contamos tamén con Diego, un rapaz que estivo fai duas temporadas con nós como xogador e esta temporada colabora nos adestramentos.

Tamén tocou facer outros traballos, sobre todo de limpeza:  dentro de vestuarios fíxose unha limpeza profunda pois despois de case tres meses de paro as arañas "campaban ó seu aire", deuse unha man de pintura a algunha que outra cousa que pedía a berros que a reparasen e fora de vestuarios rozáronse silvas e toxos que bordeaban o terreo de xogo, fumigáronse os nidos de avispas que se instalaran no campo e aledaños a maiores de colocar as redes de detrás das porterías.
#humedadescantasqueiras#chovedentro#sentimentodeabandono#solicitamosserviciosmumicipais#











miércoles, 8 de abril de 2015

PLAY OFF: PARGA - MATELA

Rematada a liga no cuarto posto, tocaba enfrentarse no primeiro partido do play off polo ascenso a segunda autonómica ó quinto clasificado: o Parga, xogamos no Noreña Basanta o pasado domingo, ante numeroso público local e nunha agradable tarde de sol.
Os locais dispuxeron de dúas claras ocasións na primeira metade pero os seus dianteiros non estiveron finos na definición.
Na segunda metade mellora o Matela, domina e faise co control do partido ata que no minuto 57 se queda cun home menos. O Parga con superioridade volve a ter ocasión de gol, pero non define con acerto. Serían os visitantes por medio de Javi, no minuto 70, quen desfarían a igualada no marcador.
Os locais buscaron o empate ata o remate do encontro.
Colexiado: Xavier Rebolo Jul

O partido de volta xógase o domingo 12/04  as 17:00 h. en S. Lourenzo de Aguiar.












Fotos: Tareixa Rguez.

miércoles, 25 de marzo de 2015

MOMAN - MATELA


O Matela perdeu a segunda plaza na casa do último clasificado, posto que asegura o ascenso directo a segunda autonómica.
Os visitantes dominaron durante os primeiros 45 minutos e dispuxeron de varias ocasións para marcar, mais a sorte non estivo de cara pra eles esa tarde. Os locais tan só lanzaron un par de tiros á porta defendida por Pablo  e ningún deles con perigo; coa igualada no marcador marcharon ó descanso.
Os doce minutos da segunda metade o Momán avisa e fai intervir a Pablo cunha boa parada, o cuarto de hora de xogo marca por medio de Héctor, dende ese momento os locais médranse e os visitantes véñense un pouco abaixo.  
Preto do final o Matela puido empatalo partido pero o porteiro local detivo o disparo.
Colexiado: Luis Viña Seijas













Fotos: Tareixa Rguez.

miércoles, 18 de marzo de 2015

MATELA - PARGA


Antepenúltimo partido de liga xogado na fría tarde do domingo en S. Lourenzo, ante bastante público.
Nada mais comezalo partido xa se adiviñaba que sería entretido, pois as ocasións pasaban dunha portería a outra. Ós 10 minutos de xogo García e Veiga trenzan unha boa xogada pero esta remataría nas mans do porteiro visitante e só dous minutos mais tarde sería o Parga quen tentaría abrilo marcador; o cuarto de hora sería Tojo quen probaría suerte pero o seu disparo saíulle pegado ó pau. Dez minutos mais tarde sería Jorge de cabeza quen remataría un saque de córner dos visitantes, pero tamén o seu remate sae fora, rozando o largueiro. Na seguinte xogada son os visitantes quen abren o marcador por medio de Oscar. Con este resultado marcharían a vestiarios.
No primeiro minuto da segunda metade nun saque de córner dos locais o rechace recólleo Javi pero o disparo sáelle moi alto. No minuto cinco chega o empate por medio de Sarceda que remata de cabeza entre os tres paus un saque de banda.
O Parga volve a poñerse por diante no marcador os 11 minutos de xogo por medio de Rubén, cunha boa xogada pola banda e tan só cinco minutos tardaron os locais en igualar de novo o marcador, neste caso foi Diego quen de falta coloca o dous a dous. O tres a dous definitivo e obra de Manuel quen remata un saque de banda. No tempo engadido (8 minutos) Javi dispuxo de dúas claras ocasións para amplialo marcador. Os visitantes en ningún momento se deron por vencidos e intentaron a igualada.
Colexiado: José Luis Cabanas Parrado.












Fotos: Tareixa Rguez.