TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

jueves, 19 de febrero de 2015

MATELA - FOLGUEIRO / SAN ROMAN - MATELA

MATELA - FOLGUEIRO

Por motivos personais non puiden asistir  a éste partido disputado o sábado de antroido, pero relatarei o que a min me contaron.
Partido moi disputado onde o Folgueiro levou o peso do partido e dispuxo das mellores e mais claras ocasións, sin embargo os locais aguntaron moi ben e incluso puideron marcar no tramo final do partido.
Colexiado: Alejandro Ferreiro Méndez
Fotos: Alejandro Lombao













SAN ROMAN - MATELA

Este partido fora aprazado no seu día e xogóuse o pasado martes de carnaval no campo artificial de Burela "A Marosa" . Dous partidos en 4 días.
O primeiro cuarto de hora transcorre con normalidade, os visitantes dominan pero non chegan con claridade á portería local. Abriría o marcador Hugo no minuto 17 logo dunha xogada persoal a pase de Veiga. O Matela tenta aumentar distancias pero os locais deféndense ben  e aguantan o resultado ata o remate dos primeiros cuarenta e cinco.
Logo do paso por vestiarios  (un pouco lonxe do terreo de xogo) a tónica segue a ser a mesma ata que Alberto (min. 23) sube o segundo ó marcador ó rematar un balón que anteriormente David estrelara na cruceta, minutos mais tarde, David volve a ter outra clarísima ocasión que finalmente dispara a mans do porteiro.
O terceiro e derradeiro gol volve a ser obra de Hugo a falta de dez minutos para o remate, xa o borde dos 90 tanto García como Veiga puideron aumentar o marcador.
Colexiado: José Luis Rivera Arnau
















Fotos: Tareixa Rguez.

jueves, 5 de febrero de 2015

MATELA - FERROVIARIA


Reparto de puntos para o terceiro e o cuarto clasificado nun partido con poucas ocasións de gol.
O Matela dispuxo de ocasións na primeira metade, pero grazas o acerto do porteiro visitante e o desacerto dos dianteiros non lograron marcar; sin embargo pese a non dispoñer de claras ocasións o Ferroviaria marca no minuto 45 de penalti.
Na segunda metade os locais saen a polo partido e lograrían o empate por medio de Javi a media hora de xogo, a falta de 15 minutos para o remate quedarían con 10 xogadores por expulsión de Veiga (dobre amonestación) provocando así un traballo extra pola inferioridade e as malas condicións do terreo de xogo.
Colexiado: Yago Vázquez Valín.












FOTOS: Tareixa Rguez.

martes, 27 de enero de 2015

CELTA BARREIROS - MATELA

Desprazámonos ata Barreiros para disputar a 17  xornada de liga na tarde do sábado e acadamos unha vitoria,  moi importante por certo,  para non descolgarnos dos primeiros postos da clasificación.
Nos primeiros 15 minutos de xogo nin locais nin visitantes semellaban querer gañar, o Celta non chegaba con perigo e o Matela non crearía ocasións, a primeira chegou os 18 minutos, M. Tojo mandaría o seu disparo dende a frontal da área por encima do largueiro; no 21' o porteiro local lócese sacando tamén por encima do largueiro un córner sacado por Pichin e mais tarde no 43 volvería a facelo, pero nesta ocasión, desviou a córner unha falta que executaba Pedro.
Remataría a primeira metade con empate a cero, sin un claro dominador, con ocasións para o Matela pero xogando mal.
Nada mais comezala segunda parte os visitantes volven a avisar por medio de Sarceda, de novo o porteiro fai unha boa intervención.
No minuto sete os locais quedan con 10 xogadores logo da expulsión por dobre cartón amarelo de David Pérez e un mais tarde Sarceda de penalti abriría o marcador.  
O cero a dous é obra de Hugo que recolle un balón rechazado e cun fortísimo disparo  a uns 20 m. sorprende ó porteiro. A media hora de xogo é  D. Alzola quen de cabeza marca o terceiro e xa rondando os 45 Marcos Barro anotaría o cuarto e definitivo logo dunha boa xogada pola banda entre Sarceda e Hugo e o propio anotador.
Colexiado: Yago Amil Castro

















Fotos: Tareixa Rguez.

martes, 20 de enero de 2015

MATELA - OUROL

Na fría tarde do sábado xogamos a 16 xornada de liga, na casa fronte o Ourol.
O resultado foi de catro a dous e puido ser mais abultado se ámbolos dous equipos non errasen varias das ocasións creadas.
Tanto o Matela como o Ourol saltaron o campo bastante enchufados e nos dez primeiros minutos xa dispuxeran de dúas ocasións cada un deles; pero non sería ata o minuto 25 cando Marcos Tojo abre o marcador logo de rematar un disparo de Manu dende fora da área que se estrelara no largueiro. Tan só 3 minutos mais tarde Hugo marca o segundo para os locais logo dunha gran xogada persoal.
O terceiro chegou logo dun saque de córner que Marcos Tojo remata de cabeza e o tres a un é obra de Jacobo nunha xogada pola banda no que os locais se queixaron de fora de xogo. Un minuto mais tarde Marcos Tojo pon e catro a un (e o seu hat trick persoal) nun disparo dende o borde da área. 
A segunda metade tamén comeza moi forte e os dez minutos o Matela volveu a dispoñer dunha gran ocasión, no quince é Alberto quen desperdicia un pase de Diego mandando o balón por enriba da portería.
O Ourol adianta liñas e recorta defensa, consigue así acortar distancias no 65' nun despiste da defensa local que obriga a saír a Pablo fora da portería, Jesús de vaselina marca o 4 a 2 definitivo. 
Os visitantes non deixan de pelexar e a falta aínda de vinte minutos para o remate dispoñen
 doutra clara ocasión de gol, os locais aguantan do resultado ata o remate.
Colexiado: Denís Seijas Rodríguez.















Fotos: Tareixa Rguez.