TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

jueves, 16 de octubre de 2014

FERROVIARIA - MATELA

Último dia de S. Froilán, campo artificial, equipo novo na competición, e o Matela con baixas;  unha chea de cousas que a priori complicaban a xornada.
Nembargantes o Matela saíu moi confiado ó terreo de xogo e xa nos primeiros minutos dispuxo de ocasións para marcar. Tivo a primeira Marcos T. cabeceando un saque de córner que sae rozando a portería. Mais tarde e xa pasada a media hora sería o Ferroviaria quen disporía dunha boa ocasión pero Pablo encargóuse de estragala.
Rematan os primeiros 45 minutos e o marcador reflexa o cero a cero do comezo, pero con varias ocasións para ambos lados. Tralo paso por vestiarios e os 3 minutos da reanudación os locais marcan por medio de Faustino.
Tan só 10 minutos mais tarde Sarceda de penalti pon o empate no marcador (penalti moi discutido polos locais) así como o segundo gol que marca Hugo no 68'. Sarceda de novo, no 71', sube ó marcador o 1 a 3 definitivo, cun moi bo lanzamento de falta.
Dende aquí desexarlle ós nosos lesionados moito ánimo e unha pronta recuperación, sobre todo a Manuel Barreiro que onte mercores foi operado de menisco nun xionllo.
Colexiado: Juán Fernando Salgado Paz
















Fotos: Tareixa Rguez.

jueves, 9 de octubre de 2014

MATELA - CELTA BARREIROS

O pasado domingo (día de S. Froilán) xogamos a 4ª xornada, visitounos o Celta Barreiros.
O Matela pese as baixas sae o campo moi centrado e con gañas de acadalos tres puntos, non tardou mais que dous minutos en marcalo primeiro tanto, é Pardiño quen remata un saque de banda. A media hora de xogo Pedro remata cun disparo potentisimo un saque de corner. No que resta da primeira parte os locais dispoñen doutras duas ocasións clarisimas pero ningunha sube ó marcador, os visitantes tamén tiveron unha boa ocasión. Con este resultado marchan o vestiario e alí deixaron o concentración e o bon facer dos primeiros cuarenta e cinco minutos. Por mor de dous erros o Celta Barreiros empata o partido con tantos de Miguel Angel nos minutos 50 e 85. Os locais xogaron en inferioridade dende o minuto 75 trala expulsión do capitán Pedro, e tentaron gañalo partido, cousa que non conseguiron.











Fotos; Tareixa Rguez.

miércoles, 1 de octubre de 2014

OUROL - MATELA

Tres puntos en xogo, tres expulsións e tres goles, esto foi o que vimos a pasada tarde do sábado en Ourol.
Os locais puideron abrir o marcador os quince minutos de xogo, Pablo desbarata a ocasión sacando o forte disparo pero o balón cáelle nos pes  a un xogador local, o novo lanzamento sae por enriba da portería. Dez minutos mais tarde adiantaríanse no marcador logo dun erro dos visitantes en defensa.
A falta de cinco minutos para o descanso os de Ourol quedáronse con 10 xogadores logo da expulsión de Adrián e no corenta e catro logo dunha boa xogada entre Manu e Hugo, García consigue a igualada no marcador.
O pouco de comezar a segunda metade o Matela puido adiantarse no marcador pero o disparo de Hugo estrelouse co pau.
Iguálanse as cousas no minuto 65 coa expulsión de Veiga para os visitantes e no 85 quedan en inferioridade trala expulsión de Hugo.  
Nos derradeiros suspiros do partido Reyes sube ó marcador o un a dous definitivo.
Colexiado: Alejandro Ruíz Fra.













Fotos: Tareixa Rguez.

jueves, 25 de septiembre de 2014

MATELA - CAZAS

Primeiro partido na casa e primeira vitoria.
O equipo saiu moi loitador ó terreo de xogo e xa os 5 minutos conseguia o primeiro tanto obra de Marcos logo de rematar entre os tres paus unha falta. Os locais dispuxeron de varias ocasións mais non chegaría o segundo ata ben preto do remate da primeira metade, tamén foi Marcos quen anotou logo dunha gran xogada, recorte e tiro cruzado. 
Os visitantes tamén gozaron das súas ocasións e a punto estiveron de marcar chegada a media hora de xogo, sería Veiga quen neutralizaría a ocasión logo dunha mala saída do porteiro.
Tralo descanso o Matela sae algo mais aturullado ó campo, pero pasados os primeiros 10 minutos, de novo, Marcos marcaría o hat trick cun novo disparo dende o borde da área. Minutos despois abandonaría o terreo de xogo lesionado.
Cando tan só faltaban cinco minutos para o remate chegaría o cuarto e definitivo gol por medio de Sarceda que transformaría un lanzamento de falta directa.
Colexiado: Luis Viña Seijas









Fotos: Tareixa Rguez.

viernes, 19 de septiembre de 2014

ROUPAR - MATELA

Con varias vaixas e moitas caras novas comezamos o sábado pasado unha nova tempada.
Non comezamos moi ben que se diga, pero o visto nos 15 primeiros minutos de xogo ainda facía presaxiar algo moito peor. 
Unha moi mala primeira parte fixo que encaixasemos 3 goles, na segunda viñemonos arriba e o Roupar confiouse no resultado. O resultado puido ser mais abultado.
Goles: Sarceda (2) e Javiño
Colexiado: Juán Carlos Polo Fernández.










Fotos: Tareixa Rguez.