TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

martes, 11 de marzo de 2014

CAZAS - MATELA



Preciosa tarde de domingo a que disfrutamos o pasado domingo no campo de "Catroventos", onde nos enfrentamos ó Cazás. Os locais saíron a polo partido e os seis minutos de xogo dispuxeron dunha clara ocasión de gol, Marcos o noso porteiro lograría despexar a córner.
Na contra é o Matela, quen por medio de Marcos, dispón dunha boa ocasión, o balón pasearíase por diante da portería e non atoparía rematador.
Rondando os vinte  e cinco minutos de xogo Sarceda erraría un penalti cometido sobre Beni e xa moi preto dos cuarenta e cinco Manu Fdez. mandaría fora un disparo só diante do porteiro.
Na segunda metade os locais saen un pouco mais frouxos e os visitantes algo mais centrados, prodúcense os primeiros cambios e Manuel nun rechace logo dun saque de córner consegue o único tanto do encontro (min.67).
Na última media hora de xogo créanse ocasións en ambos lados, o Cazás nos derradeiros dez minutos fixo todo o posible por acadar o empate.


Colexiado: José Luis Cabanas Parrado.














Fotos: Tareixa Rguez.

miércoles, 5 de marzo de 2014

MATELA - GOIRIZ

Este pasado domingo desprazámonos ó veciño concello de Cospeito ó campo da "Fonte" para disputa-lo partido contra o Goiríz, xogamos como locales e xogamos aló por mor do tempo, pois debido o chuvioso inverno que estamos padecendo o campo de S. Lourenzo de Aguiar estaba encharcado.
Comezamos as cinco e as cinco e oito minutos encaixamos o único tanto do encontro logo de que Santiago , libre de marcas rematase de cabeza un saque de córner.
Non foi o dia do Matela e non lle saíron as cousas , Javiño o borde dos noventa tivo o empate nas súas botas cun disparo dende a frontal da área que desvíou o porteiro visitante.
O vindeiro fin de semana toca desplazarse a Cazás.












Fotos: Tareixa Rguez.

martes, 25 de febrero de 2014

CATRO ROLDAS - MATELA


Este pasado domingo enfrontámonos ó Catro Roldas no campo de Cospeito " A Fonte" por mor das malas condicións nas que se atopan os campos de herba natural.
Comezamos as 18:15 horas e a primeira metade aínda se xogou con luz natural, e foi ben pretiño do seu remate cando o Matela acadou os seus goles, con tan só un minuto de diferencia.
O primeiro marcaríao Sarceda de falta e o segundo foi obra de Carral  logo dunha xogada pola banda esquerda. 
Os locais dispuxeron de varias ocasións de gol pero non tiveron sorte de cara a súa finalización. Foi no 65 da segunda metade cando estes conseguirían por medio de Marcos poñer o un a dous definitivo no marcador.
O Matela pasou apuros dende o minuto 77 ata o remate do encontro debido a que se queda con 10 xogadores trala expulsión de García por "realizar unha entrada con uso de forza excesiva".
Colexiado: José Yañez García











Fotos: Tareixa Rguez.

martes, 18 de febrero de 2014

MATELA - GALDO


Importante vitoria para os locais ante un rival directo polo play-off de ascenso.
O Matela anotou cando xa rondaba a media hora de xogo por medio de Beni que no segundo pau remata una falta executada por Sarceda.
Nada mais sacar de centro o Galdo dispuxo dunha boa ocasión, na que fai lucir a Marcos, para sacar o lanzamento a portería que xa se cantaba como gol. Coa vitoria pola mínima márchanse o descanso.
Tras a reanudación o Galdo dispuxo de algunha ocasión; agora tocáballe ó Matela defender na parte impracticable do campo e non era nada doado sácalo balón.
O segundo e definitivo gol marcaríao Hugo, de vaselina, tras 20 minutos de xogo. Moi preto do remate Alberto dispón dunha boa ocasión que atalla o porteiro visitante sin problema.
Colexiado: David Pereira Ferreiro.

O vindeiro domingo as 6 da tarde enfrontarémonos ó Catro Roldas en Cospeito.
















Fotos: Tareixa Rguez.

martes, 4 de febrero de 2014

MATELA - ABADIN

Tarde moi fría e con condicións metereolóxicas adversas (auga neve) para a pratica do fútbol, pero así se presentou este pasado sábado en S. Lourenzo onde nos enfrentamos ó actual segundo clasificado.
O resultado do partido foi un empate a unos, pero ben puido ser calquera outro pois ámbolos dous equipos dispuxeron de ocasións moi claras, sobre todo o Matela que tivo no derradeiro minuto de xogo e nas botas de Javi o gol que lles daría a vitoria, mais o disparo sáelle rozando o pau.
Os visitantes consiguen o gol moi preto do remate da primeira metade por medio de Seijo en claro fora de xogo e os locais consiguen o empate por medio de Manuel que toca un saque de falta dende moi preto do medio do campo cando xa se xogaran 25 minutos da segunda metade.
Colexiado: Luis Viña Seijas











Fotos: Tareixa Rguez.