TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

miércoles, 25 de febrero de 2015

CATRO ROLDAS - MATELA


Partido correspondente a xornada 21 disputado este pasado domingo que rematou en táboas (2-2)
Encontro duro o que se viu en Román, entre dous equipos que precisaban dos tres puntos; os locais para meterse dentro dos 6 primeiros clasificados e os visitantes para acadar ó posible ascenso.
Xa no minuto dous os visitantes puideron abrilo marcador senón fora que Veiga manda o seu lanzamento demasiado alto; e tan só dous minutos mais tarde foron os locais por medio de Alejandro quen desaproveitan a ocasión. Quen non fallou foi Marcos que logo dunha perfecta deixada da defensa visitante nos seus pés éste pon o un a cero no marcador.
O partido é un toma e daca e nunha destas o Matela por medio de Sarceda que remata de cabeza un córner sacado por Hugo empata. Con este resultado marchan a vestuarios é a volta a tónica segue a sela mesma ata case o remate.
Corría xa o minuto oitenta cando noutro fallo dos visitantes o Catro Roldas por medio de David, que recibe un gran pase de Marcos, se pon por diante. O Matela non se da por vencido e tenta a igualada, o encontro cada vez se pon mais feo, continuas faltas (9 tarxetas), perdas de tempo, e cando xa se cumpría o tempo reglamentario os visitantes empatan por medio de Sarceda nun saque de falta. Nos minutos de desconto o Matela dispuxo de outras dúas claras ocasións.
Colexiado: Adrián López Bermúdez.










  







Fotos: Tareixa Rguez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario