TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

martes, 19 de noviembre de 2013

MATELA - CAZAS

Volvíase a repetir a historia da semana pasada, o Matela tan só dispoñía de 14 xogadores para disputar o partido deste pasado domingo frente o Cazás. A pesares desta circunstancia os locais saíron ó campo moi enchufados e xa nos primeiros compases puideron abrir o marcador por medio de Javi Rielo que remata ó pau un saque de banda, tamén bate no pau unha falta que saca o mismo Javi Rielo e minutos mais tarde peta no largueiro un disparo de Hugo.
Foi García quen estreou o marcador no minuto 26 a pase de Pedro e tan só cinco minutos mais tarde Hugo pon o dous a cero logo de rematar de cabeza un córner. Este resultado lévanos ó descanso.
Na segunda metade son os visitantes os que saen mais concentrados  e consiguen o 2 a 1 por medio de Iván os 10 minutos de xogo. O Matela está xogando con 10 por mor de que Manuel ten que abandoar o campo logo de levar un golpe na cabeza e atoparse moi mareado. Estes minutos fanse longos e desconcerten ós locais mentras que o Cazás bótase arriba e pensa na igualda.
O Matela sentencia no minuto 35 por medio de Patri.
Colexiado: Iago Castro Peralta
 
 
 




 

 

 
Fotos: Tareixa Rguez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario