TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

martes, 23 de abril de 2013

MATELA - SAN CIPRIAN

Pese o inusitado horario ó  Matela saíronlle ben as contas e fixo un bo partido.
Ós sete minutos do comezo Quique dende a frontal da área marca o primeiro para os locais. 
Transcorre o que resta de primeira parte con ocasións alternas para ámbolos dous equipos pero ningún deles consegue movelo marcador.
Na reanudación e transcorridos 3 minutos de xogo nunha xogada entre Marcos e Mamadou, este consigue bater o porteiro visitante e pon o dous a cero que semella dar un pouco de tranquilidade, mais no minuto 14 o colexiado sinala penalti e roxa a Patri por xogalo balón coa man (moi protestado, pois ata os visitantes din que non é penalti), Pedro rexeita a pena máxima e saca unha prodixiosa man para sacar tamén o rechace. Moi preto da media hora de xogo logo dun saque de córner Jonathan e de forte disparo marca o terceiro e para rematar no 35 de novo Quique de falta directa marca o cuarto e difinitivo.
Colexiado: Marco Antonio Coto Villarin












Fotos: Tareixa Rguez.

lunes, 25 de febrero de 2013

MATELA - MUIMENTA

Un Matela moi enchufado goza de varias ocasións de gol nos primeiros 15 minutos de partido, mais  cando nos estabamos acercando a media hora de xogo reciben o primeiro en contra nun rechace despois dun saque de banda. Repoñense os locais e no 45 empata Javi Rielo logo dun saque de corner. Con 1-1 rematarian os primeiros 45 minutos de xogo.
Na segunda metade os locais siguen loitando e desperdiciando ocasións de gol e sería tamén xa pasada a media hora cando reciben o segundo de falta directa, baixan un pouco a presión e a falta de 10 minutos cando tentan igualalo marcador reciben o terceiro e definitivo.
Colexiado: José Luis Díaz Díaz












Fotos: Tareixa Rguez.

jueves, 20 de diciembre de 2012

SAN CIPRIAN - MATELA

O pasado sábado disputamos en San Ciprián o derradeiro partido do ano e o penúltimo da primeira volta onde sacamos un empate.
Comezou marcando o San Ciprián no minuto 19 de xogo nunha contra pola banda dereita que logo do centro, Jairo, no segundo pau remata soiño. Con este resultado chegamos ó descanso, e ós 2 minutos da reanudación empata Quique nunha xogada pola izquierda na que chega ata a linea de fondo e logo de regatear a dous contrarios dispara un tiro raso que primeiro peta nun defensa e logo colase na portería local. Ámbolos dous equipos desperdiciaron bastantes ocasións de gol.
Colexiado: Jorge Fernández Iglesias.
 

 

 

 

 


 
Fotos: Tareixa Rguez.

martes, 25 de septiembre de 2012

25 ANIVERSARIO

Hoxe dende a miña condición de membro da A.D. MATELA quero felicitar especialmente a catro persoas  (Moncho, Neno, Isidro e Martínez) que fai 25 anos emprenderon este proxecto, pero tampouco podo esquecerme de todos aqueles que coa sua labor, ano tras ano, fixeron e fan que sexa posible que esto continue no tempo. Gracias a todos por formar esta familia, ogallá o poidamos celebrar outros tantos anos, ¡¡¡¡ polo menos !!!! 
 
 
 
 
 
Esto merece un BRINDIS, chin! chin! . FELICIDADES!!!!