TEMPORADA 2017-2018

TEMPORADA 2017-2018

miércoles, 4 de octubre de 2017

SEGUNDA, TERCEIRA E CUARTA XORNADA

Nestes tres derradeiros partidos non fomos quen de sumar ningún punto.
Na segunda xornada desprazamonos ata Reinante para enfrontarnos ó Iberia, na seguinte xornada visitounos o Pol e o pasado sábado viaxamos ata Burela. Este vindeiro sábado viaxaremos outra vez para enfrentarnos ó Folgueiro.
As imaxes correspondense cos tres mencionados partidos.




























 
Fotos: Tareixa Rguez.

jueves, 14 de septiembre de 2017

MATELA - OUROL
 
O sábado pasado arrancou una nova temporada.
Comezabamos en S. Lourenzo de Aguiar enfrontandonos ó Ourol campión da pasada temporada 2016/2017.
Os locais fixeron un gran traballo e lograron impoñerse por 3 goles a un; dispuxeron de mais ocasións claras de gol pero ninguna delas rematou entre os tres paus. Cabe destacar a boa actuación do equipo visitante, pese a disputalo encontro con tan só 12 xogadores; tiveron ocasións pero a gran actuación do porteiro local (Alex) fixo que estas non subirán o marcador.
Os goles foron de Maikel (I) (penalti) e de Seco (II).
Dirixiu o encontró Johann Sebastián Cediel
 
O próximo sábado visitaremos ó Iberia
 










Fotos:Tareixa Rguez.
 


martes, 29 de noviembre de 2016

MATELA - GOIRIZ


Segunda derrota do Matela, que perde o liderato ó caer na casa ante o Goiríz na penúltima xornada da ida e na que tan só contaba con 12 xogadores.
O único gol do partido foi obra de Raúl no minuto 73 que batiu a Pablo cun tiro a media altura tras desfacerse dun defensa.
O porteiro visitante foi decisivo ó deter dous tiros de Cristian e Maikel nos últimos minutos que podían ter significado a remontada local.
Tras esta derrota o Matela cede posición na táboa ó ser superado polo Goiríz e o Roupar  ao cal se ten que enfrentar o vindeiro 11 de nadal mentras que o Goiriz descansará esa xornada.
Colexiado: Josué Villabrille Forja












 
Fotos: Tareixa Rguez.

miércoles, 23 de noviembre de 2016

CERVO - MATELA

Partido correspondente a oitava xornada.
O Cervo na primeira metade fixo un fútbol moi espeso que se estrelou contra un Matela ben asentado no medio do campo, que roubaba e saía a contra.
Na primeira metade fixolle tres goles ó Cervo deste xeito. O primeiro marcouno Rubén a saque de falta de Rico o segundo foi obra de Marcos Tojo a pase de Maikel; que o borde do descanso marcaría, el mismo, o terceiro. Tamén nesta primeira metade Pablo detivo un penalti.
Na segunda metade tentaría o Cervo de reaccionar pero seguíu caendo na tea de araña que tan ben deseñou o entrenador do Matela. Os vinte minutos Pardiño marcaría o cuarto e pouco mais tarde Maikel faría o quinto e derradeiro para os visitantes.
No ochenta Rebolo marcou un golazo para o seu equipo.
Colexiado: Jorge Michelena Grandío














Fotos: Tareixa Rguez.